26 febreiro 2021

JAVIER ESTÉVEZ

 
Javier Estévez, e natural do lugar do Mente. Cursou estudos de Administración e Dirección de Empresas na UNED. Coa especialidade de analítica contable, chegou a ocupar o cargo de director financieiro en varias empresas do sector da construcción. Coa crise do 2008 e a forte caída do sector, reciclouse na asesoría fiscal para autónomos e PYMES, rexentando un negocio desta índole dende o 2017,Estévez Asesores. É, ademáis experto en seguros e axente bancario. Ten,ademáis, un novo proxecto chamado Delicias do Támega do que nos deixa algúns apuntamentos.



Pregunta.- ¿De onde naceu a vocación pola faceta administrativa?

Resposta.-Máis que vocación foi necesidade. Na ebanistería familiar tocoume a min o papeleo. Sempre se me dera ben e fun facendo cursos de especialización ás noites compaxinando co traballo nas obras. Un problema médico me impediu estar en contacto coa madeira e xa me adiquei profesionalmente á administración.

 

Pregunta.-A debacle no sector da construcción levoute a reinventarte. ¿Opinas que neste país estamos dispostos a adaptarnos a cambios?

Resposta.- Somos máis de “malo coñecido…”. Entendemos que para unha persoa que leve trinta anos na mesma profesión sexa complicado reciclarse. As novas xeracións son máis flexibles.

--------------------------------------

"Non somos únicamente grabadores de datos senon que, pola nosa formación continua orientamos sobre a marcha do negocio"

-----------------------------------





Pregunta.-¿Canto de considerada está a necesidade dunha boa asesoría en materia administrativa. Improvisamos moito ou buscamos información contrastada para tomar decisións?

Resposta.- Sobra improvisación na administración da maior parte dos negocios. En Galicia especialmente predomina a crenza de que o que importa é ingresar, deixando minusvalorada a parte administrativa. É un erro; coñecín empresas rentabeis que acabaron pechando por mala administración.

En máis do 80% dos casos a documentación chéganos en época de impostos pero xa é tarde para tomar decisións e traballo previo coma algo tan básico que é comparar presupostos con pedidos para xenerar unha correcta factura. Estes erros poden suponer miles de €. Nós podemos e debemos asesorar sobre a marcha do negocio pero fan falla fundamentalmente confianza no asesor e puntualidade á hora de transmitir a información. Non somos únicamente grabadores de datos senon que, pola nosa formación continua orientamos sobre a marcha do negocio.

 

Pregunta.-¿aínda non levantaramos cabeza da crise do 2008, e xa temos enriba a do Covid. ¿En qué se diferencian?

Resposta.- A crise do 2008 naceu a finais do 2006, e ten orixe humano(a caída de Leman Brothers arrastra á economía mundial) afectando mais ó noso país pola nosa grande exposición ó ladrillo.

A crise actual é causada por un virus, i é un enemigo invisíbel.

No 2008 foi grave, eu recordo compañeiros perder aforros, vivenda, amigos... pero podían tirar das familias. Coñecín varios casos de abós con boas pensións ter que comer da beneficencia tiñan ó seu cargo a fillos e/ou netos.

Da crise do Covid o pior, se cadra é a soidade provocada polos confinamentos.

A crise do 2008 foi a nivel mundial pero algúns países non a sufriron tan gravemente como España e, por exemplo, a exportación fóronse salvouse da queima.

Coa Covid esa opción está totalmente pechada, todo o mundo se parou. Parouse o consumo e a producción mundial.

 

Pregunta.-¿Un aspecto positivo da actual crise da Covid?

Resposta.- Sempre atopamos cousas positivas. Por primeira vez na historia, nunha crise alguén pensa nos autónomos. Podemos decir que as medidas son insuficientes, que non chegan a todo o mundo, e estaríamos no certo, pero por primeira vez o sector dos autónomos ten axudas directas.

 

Pregunta.-Pois dada a túa experiencia e o escenario no que nos atopamos¿qué lle recomendarías a quén estea pensando en emprender?

Resposta.- É un momento complicado pero estanse abrindo oportunidades na procura de productos financieiros e de aforro(o umbral de aforro está medrando). Tamén a moeda virtual. E, ao tempo, moitos negocios tradicionais están pechando.

 

Pregunta.- Din que as crises son sinónimo de oportunidade…..

Resposta.- Pois sí, por exemplo non é complicado atopar locais que antes eran inaccesibeis a presos razonabeis ou mesmo moi atractivos.

Pregunta.- Imos agora cun novo proxecto que está dando os primeiros pasos: Delicias do Támega. ¿Cómo xurdiu a idea deste emprendemento?


Resposta.- Levaba xa anos cunha idea similar, pero soamentes no relacionado co viño. durante a pandemia, falndo cun bo amigo, animoume a levalo adiante. Comecei por buscar unha empresa que me fixera unha boa web e logo tuven a sorte de atopar unha persoa que lle deu un moi bo impulso pechando acordos cos productores.


----------------------------------------------------------------------------------------------------------"falamos de productores que son veciños, e cos que en moitos casos hai relacións mais alá da extrictamente comercial"

----------------------------------------------------------------------------------------------------------




Pregunta.-Deduzco que a relación cos productores nada ten que ver ca doutros xeitos de distribucion
Resposta.- Non, para nada. Comenzando porque son eles os que nos marcan os precios de venta. E logo porque falamos de productores que son veciños, e cos que en moitos casos hai relacións mais alá da estrictamente comercial.




Pregunta.- Poderías definirnos a qué ambito territorial pertencen os productos de Delicias do Támega?
Resposta.- En principio queríamos que fóran unicamente productos da comarca de Monterrei e da zona de Portugal que baña o Támega. Logo incorporáronse productos de Conso Frieiras e Viana do Bolo, pola proximidade que hai e porque nos nosos estandars de calidade entran perfectamente. Ainda que temos algún producto que non é destas zonas, non é a nosa intención ampliar estas zonas. De feito, os productos que non son da nosa zona entraron porque non se producen por aquí cerca.




Pregunta.- Supoño que os productores non responden a un único perfil profesional. A resposta por parte deles tampouco sería a mesma¿non?                                                                                                            

Resposta.-Desgraciadamente, non podemos mercar directamente a calquer persoa que teña un excedente de producción. Na compra venda de productos alimentarios as premisas márcaas Sanidade, e nos queremos levar todo no ámbito legal. O tema burocrático non facilita estos aspectos. No ámbito da resposta que nos deron, foi moi diferente de uns a outros. Nun primeiro momento non todo o mundo nos quixo recibir nin todo o mundo nos quería vender os seus productos. Unha vez que se puxo en marcha a páxina web, houbo empresarios dos que non nos atenderon que foron eles os que deron o paso de chamarnos para colaborar con nos. E esperamos seguir crecendo neste eido, e incorporar mais productos.








Pregunta.-Supoño que é cedo para valorar pero¿cómo foi a resposta dos compradores?                           
 Resposta.-Todos os comezos son duros, e mais nun caso como o noso que os productos que ofertamos son descoñecidos no ámbito nacional na maior parte da poboación. Incluso dentro de Galicia moita xente non sabe nin onde queda a nosa comarca. Ainda así, en moitos casos sorprendernos a resposta do público. Chegaron a pedirnos información dende Australia.                                                                       


                                       

Pregunta.-¿É un bo momento para productos vinculados a un território concreto?                                  
Resposta.-Eu penso que si. Unha vez díxome unha persoa que conocía en Madrid que o maior problema que ten o producto galego é que nos mismos non creemos nel, porque temos moitísima calidade. Eu penso que a calidade dos nosos productos non envidia á de outras zonas do país. E tamen xogamos moito coa nostalxia da xente. Veciños da comarca ós que a emigración os levou fora da nosa terra. Eu penso que é o melhor momento para a venda on-line é porque non o vai ser para os productos da nosa terra?
Pregunta.- Finalmente¿qué obxectivos vos marcades con Delicias do Támega?                        Resposta.-O primeiro obxetivo é que todos nós marcamos cando comezas un negocio, millorar a tua situación económica. E o segundo, que vai ligado ó primeiro, é revitalizar a nosa comarca. Sería mói bo que as novas xeracións podan vivir aquí sin ter que facer as maletas tal e como tivemos que facer moitos, ou que incluso xente que emigrou poda regresar.


Pois desexamos que Delicias do Támega teña moito éxito e agradecemos a amabilidade de Javier Estévez ao respostar ás nosas preguntas.






19 febreiro 2021

ELADIO POUSADA BERMÚDEZ

Chámase Eladio Pousada Bermúdez pero todos o coñecemos coma Lalo. Natural das Vendas da Barreira leva moitos anos como viticultor afincado na comarca do Bierzo. Tivemos ocasión de probar varios dos seus caldos e confirmamos a súa boa man neste oficio. Esta tamén foi unha entrevista a distancia por mor da pandemia.






PREGUNTA.- Cómo comezou a túa experiencia no mundo do campo?
RESPOSTA.- Cursei estudos de técnico especialista agropecuario en Ourense. Aínda que houbo un intervalo no que me adiquei a preparar oposicións. Foi onde coñecín a Elena, coa que logo casei. Nun ano que quedaron conxeladas ela acudiu a unha oferta coma bióloga na súa terra natal, o Bierzo. Eu aproveitei para facer cursos de poda e viticultura.
PREGUNTA.- Aquí xa te orientaches a unha especialidade, a viticultura. ¿Por qué?
RESPOSTA.- Porque a familia de Elena tiña viñedos.







PREGUNTA.-¿Qué che aportaron aqueles cursos?
RESPOSTA.- A parte dos coñecementos proporcionáronme a oportunidade de coñecer a xente con moito prestixio no mundo do viño, tanto do Bierzo, coma a nivel mundial. Por exemplo Raúl Pérez que foi meu profesor e agora é moi bó amigo. Hoxe está considerado coma o mellor enólogo do mundo.
PREGUNTA.- Ao rematar estes cursos,¿comezaches xa na viticultura?
RESPOSTA.-Non, aínda estiven traballando un par de anos nunha empresa allea ao mundo do viño. Cando o meu sogro se xubilou fíxenme cargo dos viñedos.
PREGUNTA.- ¿Cándo arrancou a túa primeira colleita?
RESPOSTA.- No 2006. Daquela contaba con unhas sete hectáreas de viñedo.








PREGUNTA.-Naquela altura ¿vendías uvas e viño ou só uvas?
RESPOSTA.-A familia de Elena vendía únicamente uvas. Contaban con clientes tan importantes coma Prada a Tope, Dominio de Tares, Pittacum, Losada-viños de finca. Pero eu tiña trato cos seus enólogos e fun dando os primeiros pasos nese mundo. Ao primeiro fixen viños cos pagos máis pequenos e poucos kilos de uva, pero tamén comecei a transformar a bodega familiar. Por exemplo cambiéi os tinos de cemento por cubas de aceiro inoxidable. 
Tamén,no cultivo, fun introducindo os coñecementos adquiridos na formación, aínda que respectando a tradición.

                               

Comecei a transformar a bodega familiar. 

Por exemplo cambiei os tinos de cemento 

por cubas de aceiro inoxidable.









PREGUNTA.- A formación ¿foi únicamente aquela previa aos comezos coma viticultor ou fuches actualizándote?
RESPOSTA.- Foi unha formación contínua. Nos invernos sempre aproveitei para facer cursos.
PREGUNTA.- A mecánica de traballo continuou sempre igual?
RESPOSTA.- Non. No 2014 aparecen polo Bierzo moitas bodegas interesadas en producir nesta zona tan interesante. Algunhas tan importantes coma J. Palacios, Emilio Moro ou Martín Códax. A mín gustoume o proxecto de Martín Códax que é un referente mundial no albariño.
Os seus enólogos e técnicos de campo explicáronme as especiais características desta zona. Chamábanlle a PEQUENA BORGOÑA.


A zona do Bierzo tamén é coñecida coma Pequena Borgoña. A riqueza en minerais do seu subsolo faina moi produtiva,non só en viñedo senon tamén en todo tipo de froiteiras




PREGUNTA.- Qué características ten esta zona a nivel vitivinícola?
RESPOSTA.- O Bierzo é unha zona rica en minerais que a fai moi produtiva non só para viñedo senon para frutais. Son moi recoñecidas as cereixas, pementos,mazás,peras....
PREGUNTA.-¿Pero o viñedo pode dicirse que é o cultivo berciano máis destacado?
RESPOSTA.- Sí, por tradición e relevancia o viñedo chegou a ser un emblema desta comarca.
PREGUNTA.- Volvemos a Martín Códax. Decíasme que tiñan un proxecto no que contaban contigo.
RESPOSTA.- Sí, tiñan un proxecto de bodega para o que precisaban xóvenes agricultores que traballaran de xeito diferente cambiando a idea de producción e buscando a máxima calidade. E foi así como comecei a ser viticultor de Martín Códax dende entón até agora.






PREGUNTA.-¿Qué che atraía deste proxecto?
RESPOSTA.- Vin a posibilidade de formarme e prosperar coma viticultor.





PREGUNTA.- ¿Cómo foron os comezos nesta nova etapa?
RESPOSTA.- Comezamos con microvinificacions de xeito experimental e actualmente é unha bodega que elabora unhas 700.000 botellas de Bierzo. Unha gran parte é aportación das uvas da nosa familia.


PREGUNTA.-¿En canto se cifra a vosa producción?
RESPOSTA.-Actualmente producimos unhas 150 toneladas de uva das que vinificamos na nosa bodega 40 toneladas. Mencía e godello.






*Actualmente producimos unhas 150 toneladas de uva das que vinificamos na nosa bodega 40 toneladas*



.
PREGUNTA.- ¡¡150 toneladas!! ¿Cómo é unha vendima nas vosas viñas?
RESPOSTA.- Dura uns 26 días. Lembro,cando era pequeno, que ir á vendima era un traballo que xa nos atemorizaba cando se achegaba o día. E só era un día... 
PREGUNTA.- ¿Facedes a colleita con máquina ou a man?
RESPOSTA.- Non hai nada mecanizado, non sendo o tractor que leva as uvas. A vendima faise a man, con navallas. Neste enlace podedes ver cómo se fai.



https://youtu.be/xu6Lz1o9R2w



PREGUNTA.- Queda claro, Lalo, que este oficio é bastante duro. ¿Qué te leva a seguir apostando por él?
RESPOSTA.- Teño que recoñecer que o mundo do viño é especial. Engancha moitísimo,dende a poda da cepa ata a vendima e a posterior transformación da uva. Tódo o ano estamos activos, a distintos ritmos dependendo da época. Eu comparo cunha serie de tv que, si comezas a vela tes que chegar ao final. 
PREGUNTA.- E, neste caso, cál é o final?
RESPOSTA.- A recompensa final é a recompensa de ver un traballo ben feito.


*Agradecemos ó Lalo a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas e animámosvos a probar os seus viños.*










13 febreiro 2021

Marina Vaz Quitillán leva unha longa traxectoria adicada a impartir aulas de Ximnasia e distintas actividades deportivas. Formouse coma Técnico Superior en Actividades Físico Deportivas.

Pregunta.- ¿Canto tempo levas na docencia de actividades deportivas?

Resposta.- Levo 15 anos dando clase 

Pregunta.-¿Cómo foron os comezos profesionais?

Resposta.- Empecei entrenando un equipo de fútbol. E logo ximnasia ,fitnes step,patinaxe artístico...

Pregunta.- Na actualidade exerces como profe autónoma en distintos concellos.....

Resposta.-Si ,agora  co tema covid temos as actividades  paradas pero levo 15 anos dando clase nos concellos da zona:Mezquita,Lubian ,Castromil, Gudiña ,Laza , Rios..

Actividade infantil

Pregunta.- O alumnado é maiormente 3ª idade ou depende das zonas?

Resposta.- Si ,polo xeral ou xente maior ou nenos,ainda que hai de todo. Nas zonas rurais non temos suficiente xente como para facer grupos por nivel ou idade o que nos leva a adaptar as clases a grupos moi hetereoxeneos. O que sí está pasando, polo avellentamento da poboación, é que cada día os grupos son de maior idade.

Parque de aventura A Mezquita



▪A actividade física é fundamental  para acadar unha tercera idade con calidade de vida▪


Pregunta.- ¿Cómo de importante é, para un envellecemento activo, a actividade física ben enfocada?

Resposta.- E fundamental  para acadar unha tercera idade con calidade de vida ,tanto a nivel físico como psicolóxico i emocional. Trátase de mellorar a calidade de vida das persoas en todos os aspectos; porque a actividade física ben realizada 

1º prolonga a autonomía personal

2º mellora as capacidades físicas  e a autoestima 

3º contribúe a crear grupos de relación  onde a xente  non soio práctica deporte, senon que tamén se reúnen, falan, desafóganse, socializan....

  O outro dia chamoume unha alumna  para ver cándo retomaremos as clases e me decía que a única relación  social que tivera  no último mes fora ca panadeira cando lle llevaba o pan. E isto non sucede so por a panademia. Temos moita xente q si non fose polas actividades que realizamos acercándonos  a estés pobos pequeños estarían toda a seman na máis absoluta soidade. A sensación de illamento que agora vivimos nós coa pandemia forma parte do seu día a día, permanentemente. De ahí a importancia  de estas actividades  e da apertura de centros de reunión  como a Reitoral da Chaira; compre revitalizar e humanizar os pobos para evitar que cada día se parezcan máis ás cidades, onde moita xente maior vive  na absoluta soidade, pegados a un televisor sen calor humano e sen relación cos veciños.


Pregunta.- Voltando á materia que impartes, hoxe estamos no tempo das redes sociais; abondan os tutoriais de todo tipo, e a actividade física non é unha excepción. Supoño que compre lanzar algunha advertencia ao respecto ¿Que consecuencias pode traer un exercicio mal practicado?

Resposta.- Buf,moitisimas. Un exercicio  mal enfocado pode acarrear dende lesións  leves como tirons musculares, micro-roturas de fibras no mellor dos casos....pero podemos provocar  lesións  moi serias e permanentes como problemas con hernias ,problemas  de columna ,cervicales....

Agradecemos a Marina Vaz a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas.

07 febreiro 2021

ENTREVISTA A EMILIO RÚA

 Hoxe entrevistamos a Emilio Rúa, e facémolo a distancia dada a situación sanitaria.

Pouca presentación precisa para os seguidores da Urdiñeira. A súa traxectoria e ben coñecida por estas terras que o viron medrar dende neno coma músico e como persoa.
Concorde Atenea, o grupo familiar era un habitual nas festas próximas pero tamén as de máis lonxe(Castela,Portugal,.....).
O artífice deste proxecto musical familiar foi o seu pai, de nome Emilio pero máis coñecido como "O Reina". Un músico vocacional que contra vento e marea fixo deste noble arte un medio de vida. Un referente, sen dúbida.


Pregunta.- ¿Qué representou a traxectoria do teu pai á hora de iniciar a túa carreira?
Resposta.- En primeiro lugar tan só son unha prolongación do seu Don. Un pai ou unha nai deben ser referentes para un fillo. E neste caso O' Reina foi quen me iniciou neste incríble universo da música a min e aos meus irmáns, enchendo as nosas vidas de valores fundamentais como a honestidade, a confianza e as raíces. A miña carreira sempre dixen que comezou con sete anos.Cando comecei a editar
discos é cando empeza a miña traxectoria discográfica que é algo paralelo á miña musical. 
Se non fora por ese comezo no grupo Concorde Atenea, Emilio Rúa posiblemente nunca existiría ou, se o fixese, non sería como é hoxe en día. Se de algo estou orgulloso é de poder dicir que son o que son gracias ao meu mentor que non é outro que meu pai.


Pregunta.- Entón o que comeza no ano 2000 non é a túa carreira que, como dis, comezou cando tiñas tan só sete anos. Digamos que arranca unha etapa nova. Todo xurde cun festival den Verín...
Resposta.- Certamente foi así no ano 2000 que arranca Emilio Rúa. Viña de traballar en Mahón e foi gracias á miña irmá Lourdes a que fora batería do grupo quen viu o anuncio no periódico quen me animou a presentarme. Alí cantei algunhas cancións en castelán porque ata esa fecha compuña todo na miña segunda lengua. E gañei o certamen.
Pregunta.- E dalí xurdiu o primeiro disco que se chamou coma o autor: "Emilio Rúa".
Resposta.- O premio dese certame era grabar unha maqueta coa discográfica Pero no momento que lles presentei os temas xa feitos en galego porque así eu o decidín concluíron que aquelo tiña que ser un disco, non unha demo a editar.


Pregunta.- O primeiro, como dicimos foi "Emilio Rúa". Logo virían moitos máis nestes 20 anos completos de carreira. Tantos discos que perdemos a conta.....
Resposta.-Vamos camiño do disco nº 11 pero a miña mente xa está co 12,13 e 14.....
Pregunta.- A pandemia botou abaixo moitos eventos no 2020. ¿Cómo che afectou?
Resposta.- De pronto todo se parou. Varios concertos se viñeron abaixo, incluídos algúns que eran realmente emocionantes e grandes para mín. Ante a situación xeral de todos non me preocupou a miña actividade como tal cara o público xa co que afectou realmente foi ver o vulnerables que somos  e o que primeiramente importa nunha sociedade que é a sanidade e a cultura. Seguín creando e facendo colaboracións online. Ca ilusión de que ao día seguinte volve a saír a luz e que, dun xeito ou doutro,non hai nada que pare a creatividade.
Pregunta.- E agora ofreces este concerto online privado. ¿En qué se diferencia este concerto dos outros que fuches ofrecendo en anteriores confinamentos?
Resposta.- A diferencia é que son eu quen o organiza. Fago un concerto dende casa. Coidando a posta en escena e o son. Nada doutro mundo. Pero será a primeira vez que me vexan tal e como estou na miña casa cantando para min salvando que poderán verme en estado puro. Algo que nunca antes fixera.

       Pois agradecemos a Emilio Rúa a súa deferencia para respostar ás nosas preguntas i emplazámosvos a ese concerto online, Emilio nun formato inédito, para o que só tedes que picar no enlace e seguir as instruccións para facervos cunha entrada:







































05 febreiro 2021

BENVIDOS AO BLOG DA URDIÑEIRA

Van máis de 4 anos dende que creamos esta páxina que demos en chamar "Urdiñeira".
O obxectivo era resumir nun sitio toda a información que sempre atopabamos en páxinas soltas en La Región, Faro de Vigo, en La Voz de Galicia e, máis recentemente, en Diario do Támega.
Aquí vos deixamos algunha mostra do que destacan os medios da nosa zona:




Principalmente os medios tradicionais acordábanse desta terra para os sucesos. Parecíanos profundamente inxusto. Esta é unha zona rica en história, en xente emprendedora e creativa, humilde pero loitadora e asentada nun territorio cun entorno natural único.
Queremos falar deso e poñer en valor o que somos.
Ubicación en internet.-
A páxina naceu en Facebook porque era o máis práctico para nós. Pero no horizonte sempre estivo sair en papel, ademáis de ter presenza cunha web e outras redes sociais tamén.
Damos comezo a este formato blog para ter máis posibilidades.
Ámbito territorial.-
Subtitulamos a páxina “información das terras de Riós” ,mais somos conscientes de que non podemos(tampouco queremos) someter a nosa laboura a uns límites administrativos tan estrictos; abonda coñecer os vínculos con aldeas como Piornedo,Sanguñedo,Monteveloso,Feilas ou San Lourenzo entre outras que pertencen a municipios limítrofes. Por eso Urdiñeira foi a denominación elexida: Unha denominación que nos vincula a ese punto elevado que é a nosa serra da Urdiñeira, que non separa senon que une e obriga a ter unha visión máis inclusiva, lonxe das fronteiras municipais que nos apretan ás veces sin sentido. Un punto que nos permite visualizar o horizonte con amplitude de miras, onde as raias que nos pretenden dividir non se aprecian.
Creación de contido.-
Comezamos compartindo as vosas publicacións para contribuir a espallalas pero sempre estivo previsto facer traballo de campo(entrevistas,reportaxes,crónicas en directo...) pero as limitacións de tempo impediron poder estar nos eventos cando estes se producían. Agora, coa pandemia e a reducción do contacto social aínda se puxo máis difícil a producción de contido propio. Pero temos a firme intención de ter entrevistas e información elaborada con cariño e de xeito coherente e homoxéneo.
Mirando cara o futuro.-
Despois deste parón estivemos pensando poner fin á Urdiñeira e agardar tempos mellores. Pero creemos que paga a pena facer un esforzo máis, tentar que este sexa un punto de encontro da veciñanza desta terra que tanto ten que dicir.
Para eso pedimos a vosa colaboración: comunicádenos as cousas que pensades que deban coñecerse. Cómo estades levando a pandemia, qué proxectos tedes.
Non prometemos nada porque este segue a ser un proxecto sen ánimo de lucro. Polo tanto terá que compartir o pouco tempo libre que nos queda co noso día a día. Pero tentaremos seguir ahí, dando conta do que esta terra ten que dicir. Recollendo o saber dos nosos maiores e dando voz á xente que fai cousas.
Grazas mil polos vosos apoios. Agardamos os vosos comentarios que leemos con interese.


 

BEGOÑA VÁZQUEZ GAGO.-

Begoña Vázquez Gago rexenta O Regueiro da Cova Hoxe na Urdiñeira temos a unha profesional da cociña con grande prestixio. Pero tamén a unha ...