O obxectivo era resumir nun sitio toda a información que sempre atopabamos en páxinas soltas en La Región, Faro de Vigo, en La Voz de Galicia e, máis recentemente, en Diario do Támega.
Subtitulamos a páxina “información das terras de Riós” ,mais somos conscientes de que non podemos(tampouco queremos) someter a nosa laboura a uns límites administrativos tan estrictos; abonda coñecer os vínculos con aldeas como Piornedo,Sanguñedo,Monteveloso,Feilas ou San Lourenzo entre outras que pertencen a municipios limítrofes. Por eso Urdiñeira foi a denominación elexida: Unha denominación que nos vincula a ese punto elevado que é a nosa serra da Urdiñeira, que non separa senon que une e obriga a ter unha visión máis inclusiva, lonxe das fronteiras municipais que nos apretan ás veces sin sentido. Un punto que nos permite visualizar o horizonte con amplitude de miras, onde as raias que nos pretenden dividir non se aprecian.
Creación de contido.-
Comezamos compartindo as vosas publicacións para contribuir a espallalas pero sempre estivo previsto facer traballo de campo(entrevistas,reportaxes,crónicas en directo...) pero as limitacións de tempo impediron poder estar nos eventos cando estes se producían. Agora, coa pandemia e a reducción do contacto social aínda se puxo máis difícil a producción de contido propio. Pero temos a firme intención de ter entrevistas e información elaborada con cariño e de xeito coherente e homoxéneo.
Mirando cara o futuro.-
Despois deste parón estivemos pensando poner fin á Urdiñeira e agardar tempos mellores. Pero creemos que paga a pena facer un esforzo máis, tentar que este sexa un punto de encontro da veciñanza desta terra que tanto ten que dicir.
Para eso pedimos a vosa colaboración: comunicádenos as cousas que pensades que deban coñecerse. Cómo estades levando a pandemia, qué proxectos tedes.
Non prometemos nada porque este segue a ser un proxecto sen ánimo de lucro. Polo tanto terá que compartir o pouco tempo libre que nos queda co noso día a día. Pero tentaremos seguir ahí, dando conta do que esta terra ten que dicir. Recollendo o saber dos nosos maiores e dando voz á xente que fai cousas.
Grazas mil polos vosos apoios. Agardamos os vosos comentarios que leemos con interese.
Aquí vos deixamos algunha mostra do que destacan os medios da nosa zona:
Principalmente os medios tradicionais acordábanse desta terra para os sucesos. Parecíanos profundamente inxusto. Esta é unha zona rica en história, en xente emprendedora e creativa, humilde pero loitadora e asentada nun territorio cun entorno natural único.
Queremos falar deso e poñer en valor o que somos.
Ubicación en internet.-
A páxina naceu en Facebook porque era o máis práctico para nós. Pero no horizonte sempre estivo sair en papel, ademáis de ter presenza cunha web e outras redes sociais tamén.
Damos comezo a este formato blog para ter máis posibilidades.
Ámbito territorial.-Subtitulamos a páxina “información das terras de Riós” ,mais somos conscientes de que non podemos(tampouco queremos) someter a nosa laboura a uns límites administrativos tan estrictos; abonda coñecer os vínculos con aldeas como Piornedo,Sanguñedo,Monteveloso,Feilas ou San Lourenzo entre outras que pertencen a municipios limítrofes. Por eso Urdiñeira foi a denominación elexida: Unha denominación que nos vincula a ese punto elevado que é a nosa serra da Urdiñeira, que non separa senon que une e obriga a ter unha visión máis inclusiva, lonxe das fronteiras municipais que nos apretan ás veces sin sentido. Un punto que nos permite visualizar o horizonte con amplitude de miras, onde as raias que nos pretenden dividir non se aprecian.
Creación de contido.-
Comezamos compartindo as vosas publicacións para contribuir a espallalas pero sempre estivo previsto facer traballo de campo(entrevistas,reportaxes,crónicas en directo...) pero as limitacións de tempo impediron poder estar nos eventos cando estes se producían. Agora, coa pandemia e a reducción do contacto social aínda se puxo máis difícil a producción de contido propio. Pero temos a firme intención de ter entrevistas e información elaborada con cariño e de xeito coherente e homoxéneo.
Mirando cara o futuro.-
Despois deste parón estivemos pensando poner fin á Urdiñeira e agardar tempos mellores. Pero creemos que paga a pena facer un esforzo máis, tentar que este sexa un punto de encontro da veciñanza desta terra que tanto ten que dicir.
Para eso pedimos a vosa colaboración: comunicádenos as cousas que pensades que deban coñecerse. Cómo estades levando a pandemia, qué proxectos tedes.
Non prometemos nada porque este segue a ser un proxecto sen ánimo de lucro. Polo tanto terá que compartir o pouco tempo libre que nos queda co noso día a día. Pero tentaremos seguir ahí, dando conta do que esta terra ten que dicir. Recollendo o saber dos nosos maiores e dando voz á xente que fai cousas.
Grazas mil polos vosos apoios. Agardamos os vosos comentarios que leemos con interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario