27 marzo 2021

HÉCTOR DOMÍNGUEZ-VIGUERA QUEIJA



Héctor Domínguez-Viguera Queija ten raíces nas Vendas da Barreira. Os seus avós rexentaron un coñecidísimo comercio na mesma N-525 durante décadas. Aos 21 anos viaxa a Madrid para cursar estudos en dirección cinematográfica na Escuela Tai onde acadou a súa diplomatura. Ofrecéronlle unha bolsa de estudo para diplomarse tamén en guión. Traballou como guionista para diferentes productoras destacando Ganga Producciones no ambito nacional e Argos no extranxeiro concretamente en México D.F. Entre as súas curtas destacan "El Pozo"(2015) protagonizado,nada menos que por Aitana Sánchez-Gijón. Tamén traballou no departamento de dirección de películas como "Terminator 6" e no departamento de Crowd Casting de películas como "The Promise" con Christian Bale ou series como "30 Monedas" de Alex de la Iglesia para HBO e White Lines de Netflix. A súa primeira longametraxe documental foi "Tierra de leche y miel" que codirixiu xunto a Gonzalo Recio e Carlos Mora. A súa temática son os desplazamentos humanos provocados pola guerra e foi galardoada co premio ao mellor documental na SEMINCI e un primeiro premio no prestixioso Thessaloniki International Film Festival, concretamente na sección AgoraDocs onde acadou o Greek Film Center Award.

 “Destacaría o día no que o meu pai me levou a ver 

Pulp Fiction,cando eu tiña once anos. Aquela película deixoume unha forte pegada.”

 

Pregunta.-¿En qué momento xurde a vocación polo cinema?

Pregunta.-¿En que momento surge la vocación por el cine?

Resposta.-  No meu caso, o desexo de facer cinema non ven dunha epifanía puntual na que un ve clara e súbitamente que o seu destino é se converter en cineasta. A vocación xurdiu,máis ben, da suma de pequenos fitos na miña vida nos que a idea foi cobrando sentido. Entre eses feitos puntuais eu destacaría o día no que o meu pai me levou a ver Pulp Fiction,cando eu tiña once anos. Aquela película deixoume unha forte pegada. Ó longo da miña adolescencia convertinme nun bo cinéfilo,encantábanme Coppola,Scorsese, o propio Tarantino, Kubrick. Ese tipo de cinema básicamente(un cine que inda adoro).Mantiña longas paroladas co “Cogui” e “Jacobo”, dous dos meus grandes amigos de Ourense, que afondaran máis ca min no séptimo arte. Entrei,caseque por casualidade e aburrimento nunha pequena escola de cinema en Palencia, a cidade onde me criei. Dirixín unha curta horrible, e creo que gracioso a un tempo,sobre un cocainómano que se obsesionaba con Pulp Fiction i esta experiencia fixo que me “picara el gusanillo” da dirección.

Tería eu uns vinte anos i estaba moi perdido, repetira catro anos durante a miña adolescencia. Non tiña nada claro que facer coa miña vida. Uns anos antes da miña vintena, estiven a punto de deixar de estudar para porme a traballar, pero a miña mai opúxose con todas as súas forzas e salvoume.

Pero volvendo aos 20, como dicía, estaba perdido e o fillo duns amigos dos meus país tiña estudado producción na TAI, unha escola de cinema de Madrid. Falei co famoso Cogui e decidimos probar sorte inscribíndonos no primeiro ano de dirección naquela escola, a TAI. Corría o ano 2005. O primeiro día de clases vía a posibilidade de me converter en cineasta coma unha das máis remotas e inalcanzabeis que poidera propoñerme na vida. Unha empresa para a que non me sentía nada dotado. Pero un día, un mestre chamado Paco Lucio amosounos un anaco  de Stalker de Tarkovsky na aula e,para min, aquello foi  coma unha especie de epifanía. Nunca tal vira. Hipnotizaronme aquelas saídas i entradas en cadro, ese misterio, o son. Abraioume o carácter tan poético das imaxes. De súpeto comprendín que o cinema tamén podía ser útil para outra cousa, descubrín a fonda relación entre o cinema e a procura do senso na vida, a procura do espiritual. A máis deso, tardei anos en comprender que a obra do mestre ruso me fixo voltar á miña infancia en Galicia. Nos anos da miña caótica adolescencia, lonxe das árbores e perto dos grandes altofalantes que vibraban ao ritmo da música electrónica, dalgún xeito esquecera Verín e As Vendas, aquela natureza misteriosa, a maxia da miña infancia. É coma si o cine de Tarkovsky preexistira na miña memoria moito antes de coñecelo. Descobrín esto uns cinco anos despois do meu paso pola escola de cinema ao comprobar,con asombro, até qué punto os álbumes fotográficos da miña familia en Galicia, parecían fotogramas sacados das súas películas. Co cine de Tarkovsky e os seus textos comezou unha procura de senso, unha viaxe que xunguiría o cinema e a vidae no que inda estou inmerso. Logo viñeron as prácticas de dirección en Tai i eu, que era un mozo tímido e bastante bloqueado ao que lle custaba un mundo expresarse verbalmente, de súpeto, nesas prácticas, sentín como xurdía a miña voz e desaparecía a miña timidez. Durante algún efímeros momentos tiven esa extraña e, de seguro, pouco realista sensación, de que nacera para facer cinema, inda que, daquela tiña serios atrancos para conectar co meu ser creativo. Percibía grandes carencias en min para logralo, culturais por exemplo. As miñas leituras comezaron, máis en serio, tarde de máis, aos vinteún anos. Pero esa carencia foi un motor, algo que me empuxaba a ler con avidez, a viaxar, a intentar madurar. E nese tempo foise forxando unha ILUSIÓN ou un entusiasmo, un desexo irresistíbel de facer cinema. Con altos e baixos, para ben ou para mal, esa especie de loucura que me empurra a poñerme a proba e intentar sobrepasar os meus límites,nunca me deixou.

Respuesta.-En mi caso, el deseo de hacer cine no deriva de una epifanía puntual en la que uno ve clara y súbitamente que su destino es convertirse en cineasta. La vocación surgió, más bien, de la suma de pequeños hitos en mi vida en los que la idea fue cobrando sentido.

Entre uno de estos hechos remarcables cabría destacar el día en que mi padre me llevó a ver Pulp Fiction, cuando yo tenía 11 años. Aquella película me causó un impacto muy hondo. A lo largo de mi adolescencia me convertí en un buen cinéfilo, me encantaban Coppola, Scorsese, el propio Tarantino, Kubrick. Ese tipo de cine fundamentalmente (un cine que todavía adoro). Mantenía largas charlas con el Cogui y Jacobo, dos de mis grandes amigos de Ourense que habían profundizado más que yo en el séptimo arte. Entré casi por casualidad y aburrimiento en una pequeña escuela de Cine en Palencia, la ciudad en la que me críe. Dirigí un corto horrible y creo que gracioso al mismo tiempo sobre un cocainómano que se obsesionaba con Pulp Fiction y esta experiencia hizo que me picara un poco el gusanillo de la dirección.

Tendría unos 20 años y estaba muy perdido, había repetido 4 años durante mi adolescencia. No tenía nada claro que hacer con mi vida. Unos años antes de mi veintena, estuve a punto de dejar de estudiar para comenzar a trabajar, pero mi madre se apuso con todas sus fuerzas y me salvó.

Pero volviendo a los 20, como decía, estaba perdido y el hijo de unos amigos de mis padres había estudiado producción en La TAI, una escuela de cine de Madrid. Hablé con el famoso Cogui y decidimos probar suerte inscribiéndonos en el primera año de dirección en aquella escuela, el TAI. Corría el año 2005. El primer día de clases veía la posibilidad de convertirme en cineasta como una de las más remotas e inalcanzables que pudiera proponerme en la vida. Una empresa para la que no me sentía nada dotado. Pero un día, un maestro llamado Paco Lucio nos mostró un fragmento de Stalker de Tarkovsky en clase y aquello si que lo viví como una especie de epifanía. Nunca había visto nada parecido. Me hipnotizaron aquellas salidas y entradas en cuadro, ese misterio, el sonido. Me abrumó el carácter tan poético de las imágenes.  De pronto entendí que el cine también podría servir para otra cosa, descubrí la profunda relación entre el cine y la búsqueda de sentido en la vida, la búsqueda de lo espiritual. Además, tardé años en descubrir que la obra del maestro ruso también me estaba haciendo regresar a mi infancia en Galicia. Durante mi caótica adolescencia lejos de los árboles y cerca de grandes altavoces que vibraban al ritmo de música electrónica, de algún modo me había olvidado de Verín y de Las Ventas, de aquella naturaleza misteriosa, de la magia de mi infancia. Es como si el cine de Tarkovsky preexistiera en mi memoria mucho antes de conocerlo. Esto lo descubrí unos 5 años después de mi paso por la escuela de cine al comprobar con asombro hasta qué punto los álbumes fotográficos de mi familia en Galicia parecían fotogramas sacados de sus películas. Con el cine de Tarkovsky y sus textos comenzó una búsqueda de sentido, un viaje que uniría el cine y la vida y en el que todavía ando inmerso.

Luego vinieron las prácticas de dirección en Tai y yo, que era un joven tímido y bastante bloqueado al que le costaba un mundo expresarse verbalmente, de pronto, en esas prácticas, sentí como surgía mi voz y desparecía mi timidez.  Durante algunos efímeros momentos tuve esa extraña y, seguramente, poco realista sensación de que había nacido para hacer cine, aunque por aquel entonces me costaba horrores conectar con mi yo creativo.  Percibía grandes carencias en mi para lograrlo, culturales por ejemplo, había comenzando a leer más en serio demasiado tarde, a los 21 años. Pero esa falta o carencia fue un motor, algo que me impelía a leer con avidez, a viajar, a intentar madurar. Y en ese tiempo comenzó a forjarse una ILUSIÓN o un entusiasmo y un deseo irresistible de hacer cine.  Con altibajos, para bien o para mal, esa especie de locura que me empuja a ponerme a prueba e intentar sobrepasar mis límites, nunca me ha abandonado.

 

Pregunta.-Qué temáticas son as que máis che atraen?

Pregunta.-¿Qué temáticas son las que más te atraen?

Resposta.-Todo o que ten que ver co numinoso, os mundos imaxinarios, o medo como tema, como motor, como algo ao que hai que enfrontarse; o amor e a morte.

Respuesta.-Todo lo relacionado con lo numinoso, los mundos imaginarios; el miedo como tema, como motor, como algo que hay que enfrentar; el amor y la muerte.




Pregunta.- En Tierra de Leche y Miel(doblemente premiada) abordas o tema do éxodo dos refuxiados de guerra. Este é un tema que segue de actualidade por desgracia. Seica foi un proceso lento e complexo, con persoas de varios países con idiomas propios.¿Cómo vos achegastes aos protagonistas  para empatizar?¿en qué medida eles participaron no proceso creativo? ¿cómo foi a experiencia a nível humano?

Pregunta.- En Tierra de Leche y Miel(doblemente premiada) aboradas el tema del éxodo de los refugiados de guerra. Este es un tema que sigue de actualidad por desgracia. Parece que fue un proceso lento y complejo, con personas de varios países con idiomas propios. ¿Cómo os acercasteis a los protagonistas para empatizar?¿en qué medida ellos participaron en el proceso creativo?¿cómo fue la experiencia a nivel humano?

Resposta.-Emprendemos longas viaxes nas que percorremos Bosnia, Grecia e Georgia, os países que aparecen na película( a máis doutros situados entre os Balcáns e ou Cáucaso). É coma si os e as protagonistas da película se elixiran a sí mesmas. É dicir,claro que existiu unha selección pola nosa parte, pero os protagonistas amosaron unha disposición maior para participar na película e, ademáis, foron as persoas coas que máis conectamos a nivel humano, das que nos fixemos máis amigos. Antes de sacar a cámara pasamos longas tempadas convivindo con eles. Semanas e até meses nos que mantuvemos conversas arredor dunha mesa, borracheiras(esto último deuse nomeadamente en Georgia),etc… Nese tempo de convivencia, o xeito tan xeneroso e hospitalario co que nos recibiron,como se abriron a nós, a súa amizade,en definitiva, é sen dúbida, o maior agasallo que se nos deu por facer esta película. Abraiounos a súa hospitalidade e recibimos unha lección de humanidade e tenrura. Malia o dramático das problemáticas ás que tivemos acceso, vivir estas experiencias foi todo un privilexio para nós, algo que nos transformou.Aprendemos, fundamentalmente, que o ser humano ten unha capacidade de resistencia moito máior do que pensábamos, un grande espíritu de loita. Todos eles compartían unha sorte de procura da alegría e da felicidade, un desexo moi forte, un amor pola vida.

No que atinxe á súa participación no proceso creativo da película, poderiamos dicir que construimos a película xuntos, nós e máis eles. Sentabamos a parolar acerca de cómo e facendo qué querían ser retratados. Hai algo moi fermoso e interesante nese proceso. En coñecer cál é a máscara coa que cada un quere amosarse ao mundo. Nesa máscara que, dalgún xeito, todos poñemos de xeito cotiá, aínda que non vaiamos saír nunha película, agóchase unha verdade profunda, unha sorte de esencia da persoa retratada en cuestión.

Respuesta.- Emprendimos largos viajes en los que recorrimos Bosnia, Grecia y Georgia, los países que aparecen en la película (bueno, y otros tantos más en realidad, situados entre los Balcanes y el Cáucaso).

Es como si los y las protagonistas de la película se hubieran elegido a si mismos. Es decir, claro que existió una selección por nuestra parte, pero los protagonistas mostraron una disposición mayor para participar en la película y, además, fueron las personas con las que más conectamos a nivel humano, de las que nos hicimos más amigos. Antes de sacar la cámara pasamos largas temporadas conviviendo con ellos. Semanas y hasta meses en los que mantuvimos conversaciones en torno a una mesa, borracheras (esto último se dio en Georgia especialmente), etc… Ese tiempo de convivencia, el modo tan generoso y hospitalario con que nos recibieron, la forma en que se abrieron a nosotros, su amistad, en definitiva, es, sin duda, el mayor regalo que se nos ha dado por hacer esta película.

Su hospitalidad nos sorprendió de verdad y nos dieron una gran lección de humanidad y de ternura al concedérnosla. Aunque parezca contradictorio por lo dramático de las problemáticas a las que accedimos, vivir estás experiencias, fue todo un privilegio para nosotros, algo que nos transformó. Fundamentalmente porque nos enseñaron que el ser humano tiene una capacidad de resistencia mucho mayor de la que creíamos, un gran espíritu de lucha. Todos ellos compartían una suerte de búsqueda de la alegría y de la felicidad, un deseo muy fuerte, un amor por la vida.

En cuanto a su participación en el proceso creativo de la película, podríamos decir que construimos la película juntos, nosotros y ellos. Nos sentábamos a charlar acerca de cómo y haciendo qué cosas querían ser retratados. Hay algo muy hermoso e interesante en ese proceso. En descubrir cual es la máscara con la que cada uno quiere mostrase al mundo. En esa máscara que, de algún modo, todos nos ponemos cada día, aunque no vayamos a salir en una película, se esconde una verdad profunda, una suerte de esencia de la persona retratada en cuestión.





Pregunta.-¿Qué tipo de cine demanda o público en xeral? Quero dicir, ás veces temos a impresión de que todos estamos un pouco buscando evadirnos das nosas problemáticas.¿Hai espazo para un cine con vocación de conciencia social ou esta opción sempre será minoritaria?

Pregunta.-¿Qué tipo de cine demanda el público en general? Quiero decir, a veces tenemos la impresión de que todos estamos un poco buscando evadirnos de nuestras problemáticas.¿Hay hueco para un cine con vocación de conciencia social o esta opción siempre será minoritaria?

Resposta.-Vivimos nunha época na que o público consome(é un termo que detesto pero que se axusta bastante á realidade do noso tempo) vorazmente as series e as películas que atopa nas plataformas dixitais. Na mayoría dos casos, hai un desexo de desconectar, de evadirse, deixándose vampirizar polas obras. Esto non ten porque ser malo en sí mesmo, non hai dúbida de que vivimos unha época dourada das series. O problema é a desmesura, o exceso que provoca que aquelas propostas onde o narrativo, onde o argumento non é o fundamental se vexan condeadas ao ostracismo. Directamente ese outro tipo de cinema non está nos catálogos destas grandes plataformas e o público xeral, cada vez máis acostumado a non pensar e non poñer nada da súa parte ao ver unha película, carece das ferramentas precisas para dialogar con esas obras. Creo que existe un problema de incultura audiovisual moi grave nesta “sociedade de imaxes” na que vivimos.

É un tema algo dramático porque, no fondo, os cineastas cunha voz máis singular intentan constantemente conectar co espectador dun xeito directo e radical. Eu penso que o xogan todo nese acto de comunicación. A propaganda coa que se nos venden certas producción e a estupidez dalgúns críticos xeralistas, axudan a que medre a desconexión entre o cinema de autor e os espectadores común e corrientes, que, no fondo, son destinatarios desas obras. Unha vez superadas esas resistencias iniciais podémonos sorprender ao descobrer cántos e que variados espectadores poden conmoverse cunha película de Dreyer, por exemplo.

Respuesta.-Vivimos en una época en la que el público consume (es un termino que detesto pero que se ajusta bastante a la realidad de nuestro tiempo) vorazmente las series y películas que encuentra en las plataformas digitales. En la mayoría de los casos, lo hace con un deseo de desconectar, de evadirse, dejándose vampirizar por las obras. Esto no tiene porque ser malo en si mismo, no cabe de duda de que vivimos una época dorada en el mundo de las series.  El problema es la desmesura, el exceso que provoca que aquellas propuestas donde lo narrativo, donde el argumento no es lo fundamental se vean condenadas al ostracismo. Directamente ese “otro” tipo de cine no está en los catálogos de estas grandes plataformas y el público general, cada vez más acostumbrado a no pensar y a no poner nada de su parte al ver un película, carece de las herramientas necesarias para dialogar con esas obras. Creo que existe un problema de incultura audiovisual muy grave en esta sociedad de imágenes en la que vivimos.

Es un tema algo dramático porque, en el fondo, los cineastas con una voz más singular intentan constantemente conectar con el espectador de un modo directo y radical. Yo creo que lo ponen todo en juego en ese acto de comunicación. La propaganda con la que se nos venden ciertas producciones y la estupidez de algunos críticos generalistas, ayudan a que aumente la desconexión entre el cine de autor y los espectadores comunes y corrientes, a quienes en el fondo, van dirigidas esas obras. Superadas las resistencias iniciales uno puede sorprenderse al descubrir cuantos espectadores y de cuan diversos “tipos” pueden conmoverse con una película de Dreyer, por ejemplo.

“O desexo de dirixir é moito máis forte. Desfruto máis escrebendo textos literarios que guións cinematográficos. Gústame colaborar á hora de escreber guións para cinema.”

 


Pregunta.- Desenvolviches labores coma guionista e coma director¿decántaste por algunha delas?

Pregunta.- Has llevado a cabo labores como guionista y como director¿te decantas por alguna de ellas?

 

Resposta.-O desexo de dirixir é moito máis forte. Desfruto máis escrebendo textos literarios que guións cinematográficos. Gústame colaborar á hora de escreber guións para cinema.

Respuesta.-El deseo de dirigir es mucho más fuerte. Disfruto más escribiendo textos literarios que guiones cinematográficos. Me gusta colaborar a la hora de escribir guiones para cine.

 

Pregunta.- Din que, ás veces, a realidade supera á ficción. ¿Algunha vez se che pasara pola cabeza unha trama coma a que nos trouxo a pandemia que estamos a vivir?

Pregunta.- Dicen que, a veces, la realidad supera la ficción. ¿Algunha vez se te pasara por la cabeza una trama como la que nos trajo la pandemia que estamos viviendo?

Resposta.-Todo o que está a acontecer é moito máis estraño e sorprendente que calquera das ideas que cheguei a imaxinar na miña vida. Nunca tal cousa se me pasou pola cabeza

Respuesta.-Todo lo que está sucediendo es mucho más extraño y sorprendente que cualquiera de las ideas que he alcanzado a imaginar en mi vida. Jamás se me pasó nada parecido por la cabeza.

 

Pregunta.-Estás actualmente coa rodaxe dunha história interesantísima sobre Aurora e Nieves, dúas irmás que foron coñecidas coma as "bruxas de O Mato". ¿Poderías darnos unhas pinceladas sobre o filme? .¿en qué fase está o proxecto?

Resposta.-Mónica Demes é a escritora da película. Ímos codirixila. O guión está inspirado na vida das irmás que citabas pero é unha película de ficción na que calqueira parecido coa realidade será unha coincidencia.

O guión que escribiu Mónica é fascinante i estamos desexando rodalo canto antes. A película conta a historia de loita na que unha muller, para acadar a súa liberdade, debe enfrontar o seu medo e a súa oscuridade que habita o seu interior. A protagonista, Aurora, conecta dun xeito salvaxe coa natureza, co misterio que habita nos bosques. Tanto Mónica coma eu,sentimos, dun xeito semellante, a chamada do bosque e o numinoso. O proxecto está na fase de procurar produtora. Mónica ven de estar no lab de Ibermedia en Colombia co guión. Alí tivo asesoría de grandes guionistas que o fixeron medrar aínda máis.

Respuesta.- Mónica Demes es la escritora de la película. Vamos a codirigirla juntos. El guion esta inspirado en la vida de las hermanas que nombrabas, pero es una película de ficción en la que cualquier parecido con la realidad será una coincidencia.

El guion que ha escrito Mónica es fascinante y estamos deseando rodarlo cuanto antes. La película cuenta una historia de lucha en la que una mujer, para alcanzar su libertad debe enfrentar su miedo y la oscuridad que habita en su interior. La protagonista, Aurora, conecta de un modo salvaje con la naturaleza, con el misterio que habita en los bosques. El bosque y lo numinoso que se oculta en él nos llama a Mónica y a mi de la misma forma.

El proyecto esta en fase de búsqueda de productora.  Mónica acaba de estar en lab de Ibermedia en Colombia con el guion. Allí recibió las asesorías de grandes guionistas y gracias a ellas el guion maduró todavía más.



 “O bosque é coma un templo no que, inda que esteas acompañado, sempre tes a sensación de estar só. Os bosques funcionan coma grandes espellos.

 

Pregunta.- Tírache moito rodar nos bosques galegos seica. Terás algún preferido….

Pregunta.-Tengo entendido que te gusta mucho rodar en los bosques gallegos. Tendrás alguno preferido....    

Resposta.-Ningún en concreto,fascinanme os bosques de carballos e castiñeiros. Os castiñeiros lémbranme ao meu avó Jaime. Inda son máis estraños que os carballos, semellan seres doutros mundos. O bosque é coma un templo no que, inda que esteas acompañado, sempre tes a sensación de estar só. Os bosques funcionan coma grandes espellos.

Respuesta.-Ninguno en concreto, me fascinan los bosques de robles y de castaños. Los castaños me traen a mi abuelo Jaime a la memoria. Los castaños son todavía más extraños que los robles, parecen seres venidos de otros mundos. El bosque es como un templo en el que, aunque estés acompañado, siempre tienes la sensación de estar solo. Los bosques funcionan como grandes espejos.

 "O Concello ten paraxes moi fermosas, singulares e interesantes. No meu caso concreto o atractivo ten que ver coa orixe, co comezo da miña vida, as miñas lembranzas, a miña infancia, os seres queridos que xa non están"


Pregunta.- Continuando co tema dos entornos para a rodaxe ¿qué atractivos, dende o punto de vista cinematográfico, ten o noso Concello?

Resposta.-O Concello ten paraxes moi fermosas, singulares e interesantes. No meu caso concreto o atractivo ten que ver coa orixe, co comezo da miña vida, as miñas lembranzas, a miña infancia, os seres queridos que xa non están. Como dí a canción “un sempre volta aos vellos lugares onde amou a vida”

Respuesta.- El concello tiene parajes muy hermosos, singulares e interesantes. En mi caso concreto el atractivo tiene que ver con el origen, con el comienzo de mi vida, mis recuerdos, mi infancia, los seres queridos que ya no están.  Como dice la canción “ uno vuelve siempre a los viejos sitios donde amó la vida..”.

 

 

Pregunta.-Por último¿cál sería ese proxecto soñado,ideal que che gustaría levar adiante?

A maiores das Bruxas de O Mato,estou traballando no guión dunha película cun grande escritor cubano chamado Carlos Lloró. O que podo adiantar sobre esta historia é que todo acontecerá en Chile.

A parte de las Brujas de O Mato, estoy trabajando  en el guion de una película con un gran escritor cubano llamado Carlos Lloró. Lo que puedo adelantar sobre esta película es que todo sucederá en Chile.

 

Agradecemos a Héctor Domínguez-Viguera Queija a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas e desexamos que o éxito lle acompañe en todo o que se propoña.

 












13 marzo 2021

MARISOL GARCÍA RÚA


 Marisol García Rúa adícase profesionalmente ao coidado das persoas. Actualmente exerce nun centro de dependentes psíquicos na Arousa. Pero á faceta artística sempre estivo presente tanto na súa primeira experiencia laboral, na que formaba parte do grupo musical Concorde Atenea, coma na súa formación, nos Conservatorios de Verín e Ourense. A hostalaría e a música compartiron a primeira etapa laboral.Estudou na Escola de Idiomas Inglés e Alemán. Un día decidiu entrar no sector sanitario formando parte do persoal dunha clínica en Mahon. Foi entón cando a súa formación virou cara este sector pasando a cursar os estudos de Ciclo Medio de Atención Sociosanitaria. Tamén ten formación en ioga.

Pregunta.-Á vista do teu historial vese que che gusta o trato coas persoas. Foi un denominador común en facetas profesionais tan diferentes coma a hostalaría e o coidado de persoas?

Resposta.- Sempre o tiven claro.A breve experiencia que tiven en dúas empresas de transporte nas que só tiña contacto con papeis deixoume claro que a miña actividade ía estar no trato co público, máis en concreto coidar de persoas.

Pregunta.- O grupo Concorde Atenea,para os que non tiveron a ocasión de coñecelo,amenizaba as festas en boa parte da xeografía galega,en Castela e mesmo en Portugal. O teu pai e os teus catro irmáns e máis tí érades os compoñentes principais. Esta foi a túa primeira experiencia laboral. Cál era o teu papel no grupo e con qué idade comezaches

Resposta.- Comecei con 13 anos e o meu papel era cantante e guitarrista. Pero, polo meu carácter, tamén me ocupaba de animar.


Foi moi enriquecedor coñecer tantos pobos e tantas persoas. Era duro pero non eras consciente.

Pregunta.- Qué tipo de experiencia supuxo esta etapa. Quero dicir, as festas cambiaron moito. Por exemplo nas aldeas un pouco máis alonxadas era habitual comer á mesa coa xente do pobo a carón dos outros invitados. A relación chegaba a ser de amizade en algúns casos non? Tamén era un traballo duro, rematar unha verbena,recoller e, prácticamente sen durmir estar a punto para unha sesión vermouth. Qué che quedou de todo aquelo?

Resposta.- Vista con perspectiva, despois dos anos que pasaron, foi moi enriquecedor coñecer tantos pobos e tantas persoas. Penso que de ahí me ven o afán por viaxar e coñecer xente e sitios. Non podes olvidar aquelo. Era duro pero non eras consciente. Horas sen durmir e viaxes,pero estabas desexando chegar ó outro pobo, coñecer xente nova.Ao primeiro era duro por unha certa timidez pero abríanche as portas de xeito moi cordial. Repartiamonos, a mín tocábame con uns, aos meus irmáns con outros. Iso levabao ben. O pior foi compatibilizalo cos estudos,os ensaios... pérdeste moitas cousas que os teus amigos sí podían facer. Pero todo eso está superado e penso que foi unha etapa preciosa. 

Pregunta.- Na hostalaría deches os teus primeiros pasos en Verín. Eras moi nova.

Resposta.- A miña primeira experiencia laboral foi na Cafetería Canasta e no Bohemia. Tratáronme xenial,teño moi bó recordo.

Pregunta.- Despois de Verín fuches como camareira a Barcelona. 

Resposta.- Sí, coa experiencia de Verín busquei traballo en Barcelona. Pero tiven que aprender o catalán. Lembro unha anécdota cando a un cliente que me pediu un cafe amb llet lle puxen un café con xeo. Con un pouco de sorna explicoume que "llet" era leite e non "hielo". Estiven a punto de decirlle que mala leche era o que él tiña, pero caléi.-risas- Alí estiven dous anos.

Pregunta.-Logo retomaches os teus estudos de Bacharelato na Coruña.

Resposta.- Sí, aínda que a primeira intención era continuar co Conservatorio. Pero topeime con que non era admitida pola idade. Foi así coma, un pouco de rebote, decidín completar o bacharelato e a selectividade.



Pregunta.- E chegas a Menorca e comezas nun hotel no que chegaches a ser xefa de sector. No seguinte acadaches a categoría de maitre. Tamén viches a necesidade de incorporar idiomas polo que cursaches na Escuela de Idiomas inglés e alemán. Cómo foi esta etapa?

Resposta.-Coñecín a xente moi interesante e de moitos países o que resultou positivo e gratificante. Tamén me abriu portas.Na última etapa, como maitre foi de moita responsabilidade polo que tuven moito stress. O dos idiomas era obligado para desempeñar correctamente o cargo.


Os usuarios, enfermos de Alzheimer precisaban o idioma das caricias e o ton de voz agarimoso. 


Pregunta.- O salto de hostalaría ao sector sanitario foi unha policlínica privada.Cómo transcurriu este novo período?

Resposta.- Prepareime cun ciclo medio de atención sociosanitaria As miñas prácticas fíxenas cunha beca en Malta e tocoume traballar con persoas afectadas de alzheimer. Foi unha experiencia moi intensa ao tempo que practiquéi o idioma.Aínda que os malteses non falaban moito inglés e os xestos acabaron sendo o idioma universal, incluso cheguei a falarlles en galego-risas-. Os usuarios, enfermos de Alzheimer precisaban o idioma das caricias e o ton de voz agarimoso...  

Homologación de título en York


Todo esto me posibilitou traballar para o Govern Balear. Coa intención de ampliar horizontes e practicar o alemán apunteime nunha páxina de emprego da miña especialidade en Austria o que me levou a estar seis meses en Insbruck. Despois acudín a unha oferta en Inglaterra co que puden ampliar a miña experiencia profesional como sociosanitaria e o mesmo tempo seguir formándome en ioga que a miña segunda pasión e que comecei en Menorca


Pregunta.- De Inglaterra novamente para Menorca, por qué?

Resposta.- Chamáronme para un contrato que me interesou. Alí xurdiume un problema de saúde. Así que tocou coidarme e, como non podo estar parada,  retomei os estudos musicais.



Pregunta.- O problema de saúde está solucionado

Resposta.- Sí, retomei a miña vida laboral e,na actualidade traballo nun centro de Discapacitados na Arousa onde vivo actualmente.





Pregunta.-Dada a túa experiencia en territorios tan diferenciados, qué dirías que nos falta na atención aos dependentes?
Resposta.- Unha atención máis individualizada, ou o que ven sendo máis persoal. Hai excepcións coma o centro no que traballo pero queda moito que facer nas Residencias.

Pregunta.- Cómo afectou a pandemia ao traballo no centro?

Resposta.- Estivemos pechados durante meses sen perder o contacto cos usuarios para estar ó tanto do seu día a día. Fomos paulatinamente voltando á normalidade primeiro con 10 usuarios e pouco a pouco recuperando as rutinas.


Pregunta.- A nivel laboral, qué retos te plantexasqué che gustaría facer nun futuro?

Resposta.- Estoulle dando voltas a un proxecto que poida conxugar os coñecementos sociosanitarios, cos artísticos e tamén o ioga e aplicalos no coidado de persoas. Aínda non sei como darlle forma.

Pregunta.- Parece que tes unha especial querencia polas illas xa que viviches en Menorca,Malta,Inglaterra, e agora vives na Illa de Arousa.... Qué che aporta o mar?

Resposta.- O das illas é unha casualidade, si é que existen as casualidades. Pero atraenme por igual o mar e a montaña. De feito cando estiven en Insbruck, rodeada de montañas, houbera quedado a vivir para sempre. O nivel de vida e demasiado caro pero gustábame para vivir.




Agradecemos a Marisol García Rúa a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas e desexámoslle moita sorte nas súas singladuras.






05 marzo 2021

JORDI CARRERA GUIRAO



 

Jordi Carrera Guirao cursou estudos de Enxeñeiro Técnico Forestal na Universidade de Valladolid. Especializouse en  xestión medioambiental no sector forestal.Ademáis complementou a súa formación en distintos campos coma o administrativo e o docente.A súa experiencia laboral é ampla en repoboación de montes, creación dun xardín botánico, conservación de cultivares,formación para aplicadores/manipuladores de productos fitosanitarios. Na actualidade é Director do "Obradoiro de Emprego Terras da Castaña III" participado polos concellos de Riós,A Gudiña e Vilariño de Conso. Por si esto fose pouco é apicultor.

 

Pregunta.- Supoño que a formación ten unha importancia básica para crear postos de traballo sostibles no medio rural. Nese obxectivo os Obradoiros poden ser esenciais. ¿Crees que cubren as necesidades ou debería complementarse con outro tipo de formación?                                                       

 Dende logo son un bo comezo e poden servir de “trampolín” tanto para acceder ou volver ao mundo laboral como para seguirse formando. Tras os 9 meses de duración do obradoiro, a maioría dos alumnos acadan un certificado de profesionalidade, un certificado de prevención de riscos laborais, varios diplomas como o de Iniciación á Informática, Orientación Laboral, Sensibilización en igualdade de xénero e sensibilización medioambiental.Ao longo do obradoiro, ademáis , os alumnos que non teñen o graduado escolar ou o graduado en E.S.O., reciben clases de Educación Básica co obxeto de presentarse ás probas libres que se convocan dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para poder obtelo.

Unha vez rematado o obradoiro, varios alumnos teñen a oportunidade de continuar durante un mínimo de 3 meses nunha empresa privada coa que se ten un compromiso previo.

Polo tanto, unha ver acabado este período de formación teórico-practica, as persoas participantes salen cun bo  Curriculum Vitae e a partir de aí, dependerá da vontade deles.


''O obradoiro é un bo comezo e pode servir coma trampolín,tanto para o mercado laboral coma para ampliar a formación''



Pregunta.-¿Qué ambitos de formación trata o Obradoiro?(forestal,agrícola en xeral...)

No noso caso, os certificados de profesionalidade que se impartiron estes últimos anos son os de: “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” e o de “Operacións auxiliares de albanelaría de fábricas e cubertas”, sendo ambos de nivel 1.



''Tras os 9 meses de duración do obradoiro, a maioría dos alumnos acadan un certificado de profesionalidade, un certificado de prevención de riscos laborais, varios diplomas como o de Iniciación á Informática, Orientación Laboral, Sensibilización en igualdade de xénero e sensibilización medioambiental''



Pregunta.- ¿En qué proporción están os contidos teóricos e os prácticos?

Aproximadamente un 25% de contidos teóricos e o 75% restante, de contidos prácticos.



 Pregunta.- ¿Qué requisitos debe reunir un aspirante?

Os requisitos  son 3:  estar desempregado, ter máis de dezaoito anos e estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.


''Implementamos todas as medidas anti-Covid 19 e tivemos a enorme fortuna de non ter ningún infectado''

 

 Pregunta.-¿Cómo afectou a pandemia ao desenvolvemento dos cursos?

Pois tivemos un parón de 3 meses e 19 días na primeira onda  que coincidiu co obradoiro anterior, e ampliouse a duración do contrato exactamente ese tempo. Unha vez reincorporados, implementáronse todas as medidas de prevención fronte a Covid19 e tivemos a enorme fortuna de non ter ningún infectado.




 Pregunta.- Nos últimos anos temos a sensación de que se retomou intensamente a plantación de novos soutos.....(pregunto si coincides na apreciación)

Si, a xente parece que volve ter ilusión por poñer en valor os seus terreos e neste caso cun cultivo fortemente vinculado coa nosa terra e a nosa cultura. Ao mesmo tempo, o prezo da castaña tivo un aumento notable nos últimos anos e eso motivou aos veciños a centrarse no cultivo do castiñeiro.

 Pregunta.- Tamén comezamos a ver algunhas plantacións de oliveiras. ¿Qué posibilidades de éxito, dadas as nosas condicións climáticas, ten este cultivo?

 A oliveira é unha árbore moi rústica. Existen ao igual que nos castiñeiros unha enorme cantidade de variedades e o que si que é de vital importancia é escoller a correcta que se adapte ás nosas condicións edafoclimáticas. Dende o Obradoiro, e por iniciativa do Concello, fixemos unha plantación experimental de oliveiras en Covelas, empregando 3 variedades que pensamos que mellor se poden adaptar a esa zona para poder ver  a evolución destas. Nestes momentos, xa están previstas novas plantacións no noso concello coa intención de continuarmos co estudio de adaptabilidade. 


Pregunta.-¿Qué papel xoga neste momento a agroecoloxía e cál debería xogar?

Pois a tendencia é a precisamente non cumplir con ningún dos principios da agroecoloxía . Se nos paramos a pensar, cada día dependemos máis de insumos externos, enfocamos a produción a variedades de alto rendemento que fai 10 anos nin conociamos, cada vez sabemos menos das plantas que nos rodean e o que nos din acerca do lugar no que aparecen, tendemos ao monocultivo, maltratamos o chan con abonos químicos e intentamos producir para un mercado no que non somos competitivos. Dende logo, a lóxica di que ese non é o camiño.

Calquera que teña certo interés, pode atopar unha amplia bibliografía ao respecto en internet e non tardará en darse conta de que esta ciencia era a que se practicaba  con absoluta normalidad nas nosas aldeas ata fai ben pouco... Recomendo ler a Miguel Ángel Altieri.


''A agroecoloxía era practicada ata ben pouco con absoluta normalidade nas nosas aldeas''

Pregunta.- As plagas son un tema recurrente. Tí, pola doble vertente forestal e apícola sufres se cadra, doblemente tamén. ¿En qué situación estamos e qué expectativas hai de mellora?

No sector forestal, cada árbore e cada arbusto teñen  as súas propias fitopatoloxías e poderíamos estar horas con elas.  No caso do castiñeiro por exemplo, pode ser atacado por entorno a un centenar de pragas e enfermidades.

O que está clarísimo é que “a can fraco todo son pulgas” sendo este dito extrapolable  ás plantas. Temos que tratar de ir sempre á raíz do problema, que pode ser dende un cultivo nun lugar incorrecto, forte stress hídrico e nutricional, elevada  acidez do chan, labores culturais inadecuadas ou calquera outro factor que debilite as plantas e as faga máis vulnerables.

No caso da abellas, o principal inimigo é a varroa, un pequeno ácaro que se alimenta do tecido graxo das abellas tanto en estado larvario como en estado adulto e que ademáis é vector de transmisión doutras enfermidades. A mortandade de colmeas por un tratamento fronte a ésta ou ben incorrecto ou ben por ausencia deste,  pode ser enorme. Tamén empezan a aparecer niños de Vespa velutina no Riós pero parece que a presenza do abábaro Vespa crabro (que tamén fai bastante daño a finais do verán) non é de todo agradable para as primeiras xa que compiten polo hábitat. 

Pregunta.- É unha valoración moi habitual a de que o mel galego é de grande calidade¿qué a diferencia do resto dos territorios da península?

Pois debe ser das poucas cousas positivas que ten o abandono do rural... No momento que os predios agrícolas se deixaron de cultivar e o monte se deixou de rozar, comezou a evolución progresiva  da vexetación que ata que alcanza o estado de bosque maduro pasa por moitas fases. Nesas fases topámonos cunha flora dun enorme interese apícola como son as uces, xestas, carqueixas, queirugas, toxos, sangubiños, érbedos, silvas, etc. Tamén nos bosques maduros, tanto de orixe antrópico como natural, as árbores como os castiñeiros, carballos, afreixos, salgueiros...producen unhas flores moi apreciadas polas abellas. O mel galego, exceptuando nas zona cunha forte presenza de eucalipto, é un mel oscuro e con alta conductividade por mor do alto contido en sales minerais. É moi apreciado no norte de Europa e emprégase moito para mesturar con meles de menor calidade.


    '' aínda quedan veciños maiores cun enorme coñecemento en plantas, construcción tradicional....''
               

Pregunta.-Supoñemos que neste momento hai moita xente pensando en retornar a un rural onde ten as súas raíces. ¿Qué posibilidades reais de emprender no rural hai neste momento?¿Qué lle dirías á xente nova que pode estar barallando esta posibilidade? 

Existen incontables proxectos posibles no rural, de feito está prácticamente todo por explotar... E con explotar non me refiro a saquear, falo de explotacións sostibles respetuosas co medio ambiente e sempre coa vantaxe de que na maioría das aldeas xa se conta coas novas tecnoloxías. Ademáis,  este sería o momento ideal, xa que  aínda quedan veciños maiores cun enorme coñecemento das plantas e dos seus usos, de construción tradicional, de cultivos, de artesanía, de nomenclatura botánica, de variedades e un longo etc. Cando eles desaparezcan, toda esa sabiduría e patrimonio inmaterial vai marchar e non vai haber volta atrás.


Agradecemos  a Jordi Carrera a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas coa esperanza de que as súas orientacións sirvan de estímulo a toda a xente que sinte a chamada da terra. 


BEGOÑA VÁZQUEZ GAGO.-

Begoña Vázquez Gago rexenta O Regueiro da Cova Hoxe na Urdiñeira temos a unha profesional da cociña con grande prestixio. Pero tamén a unha ...