13 marzo 2021

MARISOL GARCÍA RÚA


 Marisol García Rúa adícase profesionalmente ao coidado das persoas. Actualmente exerce nun centro de dependentes psíquicos na Arousa. Pero á faceta artística sempre estivo presente tanto na súa primeira experiencia laboral, na que formaba parte do grupo musical Concorde Atenea, coma na súa formación, nos Conservatorios de Verín e Ourense. A hostalaría e a música compartiron a primeira etapa laboral.Estudou na Escola de Idiomas Inglés e Alemán. Un día decidiu entrar no sector sanitario formando parte do persoal dunha clínica en Mahon. Foi entón cando a súa formación virou cara este sector pasando a cursar os estudos de Ciclo Medio de Atención Sociosanitaria. Tamén ten formación en ioga.

Pregunta.-Á vista do teu historial vese que che gusta o trato coas persoas. Foi un denominador común en facetas profesionais tan diferentes coma a hostalaría e o coidado de persoas?

Resposta.- Sempre o tiven claro.A breve experiencia que tiven en dúas empresas de transporte nas que só tiña contacto con papeis deixoume claro que a miña actividade ía estar no trato co público, máis en concreto coidar de persoas.

Pregunta.- O grupo Concorde Atenea,para os que non tiveron a ocasión de coñecelo,amenizaba as festas en boa parte da xeografía galega,en Castela e mesmo en Portugal. O teu pai e os teus catro irmáns e máis tí érades os compoñentes principais. Esta foi a túa primeira experiencia laboral. Cál era o teu papel no grupo e con qué idade comezaches

Resposta.- Comecei con 13 anos e o meu papel era cantante e guitarrista. Pero, polo meu carácter, tamén me ocupaba de animar.


Foi moi enriquecedor coñecer tantos pobos e tantas persoas. Era duro pero non eras consciente.

Pregunta.- Qué tipo de experiencia supuxo esta etapa. Quero dicir, as festas cambiaron moito. Por exemplo nas aldeas un pouco máis alonxadas era habitual comer á mesa coa xente do pobo a carón dos outros invitados. A relación chegaba a ser de amizade en algúns casos non? Tamén era un traballo duro, rematar unha verbena,recoller e, prácticamente sen durmir estar a punto para unha sesión vermouth. Qué che quedou de todo aquelo?

Resposta.- Vista con perspectiva, despois dos anos que pasaron, foi moi enriquecedor coñecer tantos pobos e tantas persoas. Penso que de ahí me ven o afán por viaxar e coñecer xente e sitios. Non podes olvidar aquelo. Era duro pero non eras consciente. Horas sen durmir e viaxes,pero estabas desexando chegar ó outro pobo, coñecer xente nova.Ao primeiro era duro por unha certa timidez pero abríanche as portas de xeito moi cordial. Repartiamonos, a mín tocábame con uns, aos meus irmáns con outros. Iso levabao ben. O pior foi compatibilizalo cos estudos,os ensaios... pérdeste moitas cousas que os teus amigos sí podían facer. Pero todo eso está superado e penso que foi unha etapa preciosa. 

Pregunta.- Na hostalaría deches os teus primeiros pasos en Verín. Eras moi nova.

Resposta.- A miña primeira experiencia laboral foi na Cafetería Canasta e no Bohemia. Tratáronme xenial,teño moi bó recordo.

Pregunta.- Despois de Verín fuches como camareira a Barcelona. 

Resposta.- Sí, coa experiencia de Verín busquei traballo en Barcelona. Pero tiven que aprender o catalán. Lembro unha anécdota cando a un cliente que me pediu un cafe amb llet lle puxen un café con xeo. Con un pouco de sorna explicoume que "llet" era leite e non "hielo". Estiven a punto de decirlle que mala leche era o que él tiña, pero caléi.-risas- Alí estiven dous anos.

Pregunta.-Logo retomaches os teus estudos de Bacharelato na Coruña.

Resposta.- Sí, aínda que a primeira intención era continuar co Conservatorio. Pero topeime con que non era admitida pola idade. Foi así coma, un pouco de rebote, decidín completar o bacharelato e a selectividade.



Pregunta.- E chegas a Menorca e comezas nun hotel no que chegaches a ser xefa de sector. No seguinte acadaches a categoría de maitre. Tamén viches a necesidade de incorporar idiomas polo que cursaches na Escuela de Idiomas inglés e alemán. Cómo foi esta etapa?

Resposta.-Coñecín a xente moi interesante e de moitos países o que resultou positivo e gratificante. Tamén me abriu portas.Na última etapa, como maitre foi de moita responsabilidade polo que tuven moito stress. O dos idiomas era obligado para desempeñar correctamente o cargo.


Os usuarios, enfermos de Alzheimer precisaban o idioma das caricias e o ton de voz agarimoso. 


Pregunta.- O salto de hostalaría ao sector sanitario foi unha policlínica privada.Cómo transcurriu este novo período?

Resposta.- Prepareime cun ciclo medio de atención sociosanitaria As miñas prácticas fíxenas cunha beca en Malta e tocoume traballar con persoas afectadas de alzheimer. Foi unha experiencia moi intensa ao tempo que practiquéi o idioma.Aínda que os malteses non falaban moito inglés e os xestos acabaron sendo o idioma universal, incluso cheguei a falarlles en galego-risas-. Os usuarios, enfermos de Alzheimer precisaban o idioma das caricias e o ton de voz agarimoso...  

Homologación de título en York


Todo esto me posibilitou traballar para o Govern Balear. Coa intención de ampliar horizontes e practicar o alemán apunteime nunha páxina de emprego da miña especialidade en Austria o que me levou a estar seis meses en Insbruck. Despois acudín a unha oferta en Inglaterra co que puden ampliar a miña experiencia profesional como sociosanitaria e o mesmo tempo seguir formándome en ioga que a miña segunda pasión e que comecei en Menorca


Pregunta.- De Inglaterra novamente para Menorca, por qué?

Resposta.- Chamáronme para un contrato que me interesou. Alí xurdiume un problema de saúde. Así que tocou coidarme e, como non podo estar parada,  retomei os estudos musicais.



Pregunta.- O problema de saúde está solucionado

Resposta.- Sí, retomei a miña vida laboral e,na actualidade traballo nun centro de Discapacitados na Arousa onde vivo actualmente.





Pregunta.-Dada a túa experiencia en territorios tan diferenciados, qué dirías que nos falta na atención aos dependentes?
Resposta.- Unha atención máis individualizada, ou o que ven sendo máis persoal. Hai excepcións coma o centro no que traballo pero queda moito que facer nas Residencias.

Pregunta.- Cómo afectou a pandemia ao traballo no centro?

Resposta.- Estivemos pechados durante meses sen perder o contacto cos usuarios para estar ó tanto do seu día a día. Fomos paulatinamente voltando á normalidade primeiro con 10 usuarios e pouco a pouco recuperando as rutinas.


Pregunta.- A nivel laboral, qué retos te plantexasqué che gustaría facer nun futuro?

Resposta.- Estoulle dando voltas a un proxecto que poida conxugar os coñecementos sociosanitarios, cos artísticos e tamén o ioga e aplicalos no coidado de persoas. Aínda non sei como darlle forma.

Pregunta.- Parece que tes unha especial querencia polas illas xa que viviches en Menorca,Malta,Inglaterra, e agora vives na Illa de Arousa.... Qué che aporta o mar?

Resposta.- O das illas é unha casualidade, si é que existen as casualidades. Pero atraenme por igual o mar e a montaña. De feito cando estiven en Insbruck, rodeada de montañas, houbera quedado a vivir para sempre. O nivel de vida e demasiado caro pero gustábame para vivir.




Agradecemos a Marisol García Rúa a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas e desexámoslle moita sorte nas súas singladuras.






5 comentarios:

  1. Moitas gracias a vós por esta labor que estades facendo en dar a conocer o noso maravilloso entorno e as súas xentes. A seguir💪

    ResponderEliminar
  2. Sen a nosa veciñanza non sería posible. Disfrutamos moito con este proxecto e non podemos máis que agradecer aos participantes e aos seguidores o seu apoio. Sen medios pero co voso alento seguiremos dando a coñecer os nosos valores humanos e patrimoniais

    ResponderEliminar
  3. Moitas facetas, e o máis importante moita experiencia de vida. Agollá poidas levar a diante ese proxecto, sona xenial👏👏

    ResponderEliminar
  4. Neste mundo de idas e vidas! E lindo medrar no cada día e poder voltar a terriña que nos viu nacer. Un orgullo Marisol! Non pares de medrar nunca...

    ResponderEliminar

BEGOÑA VÁZQUEZ GAGO.-

Begoña Vázquez Gago rexenta O Regueiro da Cova Hoxe na Urdiñeira temos a unha profesional da cociña con grande prestixio. Pero tamén a unha ...