29 maio 2021

BEGOÑA VÁZQUEZ GAGO.-

Begoña Vázquez Gago rexenta O Regueiro da Cova

Hoxe na Urdiñeira temos a unha profesional da cociña con grande prestixio. Pero tamén a unha persoa cercana e sinxela, sen artificios innecesarios. Dende o seu restaurante O Regueiro da Cova ofrece diariamente unha suculenta variedade de platos para todo tipo de presupostos. Porque ser chef, a lo menos no caso de Begoña, non está reñido con dar de comer no sentido máis tradicional do termo. Outra característica da súa carreira é a súa implicación co rural e o seu desenvolvemento.

Pregunta.- De onde xurdiu a inquedanza pola cociña. ¿Hai antecedentes na familia?

Resposta.-Miña mai cociña moi ben e fai o mellor pan do mundo,gracias a ela gústanme moito todas as elaboracións con masas. As miñas avoas tamen cociñaban moi ben.          O primeiro plato que fixen foi arroz con polo, miña irma queria comer e fíxenllo.      Non tiven relacion ca hostalaría pero chamábame a atención que deran de comer a tanta xente nun restaurante(cousas de cativos).


Pregunta.-¿Cómo foron os comezos na profesión?Resposta.- Moi ilusionantes pero duros, tamén expectantes;unha aprendizaxe moi veloz;podo decir que a miña escola foi o Restaurante Sanmiguel, a parte da escola de Vilamarín. 

Tan so a mercadoría que se empregaba  resultábame apaixonante: vieiras,centolos, ostras,solombo de vaca arxentina e asi infinidade de cousas... 

Espárragos eco i escuma de ovo


Cando un pequeno produtor chega cunha bolsa e saca o seu produto e trataio como se fora ouro e fala del como dun fillo, ese e o producto ideal


Pregunta.- Sempre te vemos moi perto dos produtores. ¿Qué criterios empregas para escoller os proveedores?

Resposta.-Cando un pequeno produtor chega cunha bolsa e saca o seu produto e trataio como se fora ouro e fala del como dun fillo, ese e o producto ideal. O mimo e o cariño que lle ten, vese reflexado nos ollos do produtor, casi seguro o producto e bo. 

No meu caso moitos son amigos aos que lles merco un cachiño do seu traballo e fago de escaparate para dalos a conocer

Pregunta.-¿Cómo de fluida é a relación entre os produtores e @s chefs?
Resposta.-Creo que é cada vez máis fluida. No meu caso moitos son amigos aos que lles merco un cachiño do seu traballo e fago de escaparate para dalos a conocer.Para min o mais importante e que a xente veña a xunto miña e marche falando do produto e dos produtores de Monterrei.Así medra o rural.

Na miña cociña está a comarca, todos os produtos ou produtores  cunha filosofia de non uso de pesticidas 

Pregunta.- ¿Cómo definirías a túa cociña?¿Qué é eso da "cociña de comarca"?
Resposta.- Eu fago unha cociña de tempada, adaptome o que hai no medio, cambio a carta casi todas as semanas. Podo decir que son de  "cociña inquieta"-risas- Na miña cociña está a comarca, todos os productos ou productores que rezan con unha filosofia de non uso de pesticidas e unha agricultura ecolóxica ou de convencional sen velenos ten cabida.

Arroz negro,salmón,vieiras e alioli de amorodos silvestres


Pregunta.- Temos unha terra rica en produtos de calidade. Froita, horta, carne... Se tiveras que escoller un producto local¿con cál te quedarías?

Resposta.-Solo un...difícil...Setas, Tenreira eco, Mel, Verdura, Froita

Red Velvet esfera de choco branco e iogurt e algodón de azucre




Pregunta.- Fálanos deses platos que na nosa
 zona deberiamos ter nun pedestal. Esas receitas que poderiamos considerar patrimonio inmaterial.
Resposta.-Filloas con mel,Polo da casa estofado,Cocido,Rosquillas,Galletas de nata, 
Marmelo,Bandullo... 

Pregunta.- Os platos da túa carta ¿van rotando ou permanecen na carta durante tempo?
Resposta.-Poucos quedan moito  tempo.
Son moi de cambio e esta semana apeteceme facer algo que me trouxeron como esparragos e para a seguinte teño colmenillas ou boletus... cambio en base o que teño.


Pregunta.- ¿Alerxias,intolerancias...¿cómo afectan ao día a día estas doenzas ao teu traballo?
Resposta.-Pois antes mais!Casi non usamos glute en salsas nin en ningun tipo de elaboracion salvo que sexa necesario. 
E o tema dos lácteos e moi sinxela de sortear 
Outro tipo de alerxias con avisar antes do preparado non temos tido problemas.

Unha boa croqueta cremosiña e crocante máis unha chuleta eco vianesa  de Riós é exito absoluto.


Pregunta.-Aínda que a tradición ten moito peso na túa cociña eres innovadora. Pregúntoche polo cliente local¿é receptivo a descubrir novos sabores?¿Ou somos máis ben conservadores?
Resposta.-A miña clientela experimenta,pero tamen temos sobre un 30% que quere ter as suas croquetas e a sua chuleta. Eso nunca falla. 
Unha boa croqueta cremosiña e crocante máis unha chuleta eco vianesa  de Riós é exito absoluto.
Eso si, ninguen dixo que os acompañamentos teñan que ser os de sempre. Ahí e onde podemos xogar, que a xente probe outro tipo de elaboracións. Un crocanti, unha verdura glaseada ou un arroz suflado pode acompañar tanto a unha chuleta como a unhas croquetas 


Pregunta.- Pertences a Asociación Cociña Ourense i eres a única muller. ¿Por qué ás mulleres, que alimentaron sempre ás familias, non son tan mediáticas coma os homes na profesión?
Resposta.-Eu achacoio moito a conciliacion.É un tema que sempre me preguntan e creo que pode ter moitas respostas. Teño falado con outras cociñeiras e unhas din que o tempo, a vergonza ou "eu non quero". Pouco a pouco estan saíndo moitas. Temos moitos referentes femininos en galicia


Chocolate,petazetas e framboesas.



Pregunta.-¿Qué lle dirías a quen esté barallando facerse profesional dos fogóns?                                                  

Resposta.-A calquera en calquer cousa que che guste facer, para adiante.No meu caso a cociña e o meu hobby tamén polo que  non o ves como un traballo; falo por que che gusta! Pero como decía un xefe de cociña que tiven:"despois do ciclismo o mais sacrificado e a cociña"

Pregunta.-¿Cómo che afectou a pandemia?

Resposta.-A pandemia levouse unhas cousas e trouxo outras, moita tristeza por suposto! Un cambio total na maneira de vivir, tanto no noso caso como en case todos, remodelamos dúas cociñas, fixemos comida para levar.Aínda hoxe só tivemos tres días libres xuntos dende o ano pasado.Estamos dando servizo ao Centro de Día e a todos aqueles que nos acompañaron ao longo deste ano, con menús para levar xa que eran de fora e os que pedían para oficinas etc. 

Temos que dar as grazas a moita xente, con pedidos da nosa clientela  sacamos adiante o restaurante.

Un cambio foi o peche do noso local da plaza, o Souto das Candeas, era inviable con todos os gastos,luz ,auga ,impostos ,aluguer, etc. 

Viran tempos mellores!Seguro!

Pregunta.-¿Qué proxectos de futuro tes?

Resposta.- 

1) facer cultivo ecolóxico en Riós e poder recuperar parte das terras que estan un pouco esquecidas.


2) gustaríame ter un pequeno laboratorio de cociña. 


3) dar clases de cociña e amosar os produtos da nosa zona. 


4) facer cursos de micoloxia e cociñar e aprender do recolectado. Temos moita produccion de setas.




Pois agradecemos a Begoña Vázquez a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas. Confiamos en que poda seguir unha traxectoria exitosa porque a súa laboura redunda en beneficio do entorno.

09 maio 2021

PROSODA.



Hoxe pasan pola Urdiñeira dous profesionais do sector do son:  María Estévez e Albino Nieves. Cando botan a vista atrás aparecen episodios tan singulares coma ser técnico dos Suaves ou codearse cos grandes da música a nivel nacional na Sala Berlín. Hoxe, a súa empresa PROSODA, é coñecida sobradamente por moitos rincóns de Galicia e tamén fora. Os seus servizos son moi amplos e a súa solvencia está moi contrastada. Cando asistimos a un espectáculo en directo, moitas veces non somos conscientes da importancia do labor calado dos técnicos que fan posible que os artistas podan, con garantías, desenvolver o seu traballo creativo. 



PREGUNTA.-O primeiro que quería saber era como xurdiu esta actividade¿había antecedentes?¿houbo alguén que influise ou aconsellase? ¿pura afición?¿ano de comezo?
Albino.- 
Comencei ca orquesta Marsella no verán do 91,recén  licenciado da mili e estiven entre os anos  91–95. No 95 cambiei para o Grupo Fuego de Verin onde estiven 3 anos e voltei para a orquesta Marsella. Enton,remataba a tempada do 2000, e unha empresa de son, que era de Toledo nos ofreceu montar unha delegación en Ourense. Esta mesma empresa viña a Galicia cunha banda en directo de Madrid chamada “Tráfico La Banda”;ás veces no mesmo pobo alternábamos eles e a orquesta. Así xurdiu a idea de montar tenda de venta, aluguer e reparación.

Despois de 10 anos de estar baixo ordes dun xefe, puxémonos mans a obra en buscar un local acondicionado e comezar esta nova andadura. Abrimos portas no barrio do Vinteún o 27 abril 2001.
María: Comenzamos sendo 3 socios ata o verán do 2007. Kike,o noso socio, marchou para Santiago e alí comenzou el unha nova andadura do mesmo sector.

Pregunta.-¿Recordades o primeiro bolo?
Albino: Pois non, o primer bolo non o recordo. O que si acordo é a primeira instalación. Foi no Pub ALJAMA de Ribadavia. Alí colocamos unhos bafles azuis de fabricación propia. Daquela tiñamos unha ampla gama de bafles de
distintos tamaños e potencias para instalación fixa. Inda hoxe en día están funcionando, sin ter ningún tipo de reparación. Agora o material e mais de usar e tirar.
María: Eu daquelas sólo levaba o tema administrativo da empresa, traballaba nunha
xestoria e non me desplazaba os lugares de traballo.

                     

 A tempada 2010-2011, estiven xunto cos  compañeiros, por todo o país sendo os técnicos dos ourensáns Los Suaves.


Pregunta.-Tedes a vosa ubicación profesional en Ourense?
¿Qué zonas cubrides cos vosos servizos?

María: A razón social da empresa sempre estivo en Ourense, pero dende fai 3 anos,cambiamonos para o rural, ó Concello de Amoeiro a unha nave amplia sin ter tenda pero
atendendo os Clientes igualmente por correo electrónico, teléfono e visitas
concertadas.
Albino: Maioritariamente a nosa zona é Ourense e toda a provincia. Pero imos ónde nos requiran. Fai anos, estivemos de xira cun grupo pola zona de Madrid,Toledo, Asturias. Tivemos o pracer de inaugurar un BOEING 777, (propiedade de un galego, Chema Alvarez, afincado fai anos ca sua empresa en Mallorca) nun hangar do aeroporto de Barajas.Isto foi hai unos 5 anos +/- cunha Big Band en directo. A tempada 2010-2011, estiven xunto cos compañeiros por todo o país sendo os
técnicos dos ourensáns Los Suaves.


Pregunta. Cómo foi esa etapa con un grupo con tanta sona coma Los Suaves

Albino.- Fun técnico de monitores e P.A. (monitores é o que está nun lateral do escenario e apenas se ve, P.A. é o técnico que está no medio do recinto) na xira 2010/2011 de Los Suaves. Unha tempada.
A experiencia foi boa a nivel persoal, máis profesional, vas con unha banda de  recoñecemento nacional, traballas en primeira línea, non tes que preocuparte en montar nada, xa tes todo listo cando chegas para as probas de son e posteriori o concertó en sí. Vas a recintos que cómo empresa non terías a oportunidade, coñeces a moita máis xente do sector, e as máis Artistas….Francamente foi unha etapa fructífera.





O bonito do noso traballo é que nunca facemos o mesmo, tan pronto estamos cunha producción técnica complexa dun festival ou concerto grande, como tamen vamos a unha homenaxe con un micro….

Pregunta.- Sempre vos imaxinamos cubrindo un concerto pero a vosa gama de servizos supoño que é moito máis ampla.....(teatro,actos culturais,discursos.....)

Albino:Eu creo que sobre un 20% da actividade empresarial a ocupa a venda e instalación. Do restante 80%, a metade a ocupa o bolo en directo, música en vivo, a outra metade son actividades corporativas como competicións deportivas, mitins, congresos, convencions, inauguracións…

Comenzamos en maio do 2012 inaugurando a Sala Berlin co concerto de BARON ROJO. Por alí pasaron moitos Artistas de nivel nacional e internacional, tamen locales: Leiva, La Fuga, Dover, Los Suaves, Miguel Costas, Gran Wyoming, Javier Krahe...


María: O bonito do noso traballo é que nunca facemos o mesmo, tanto estamos cunha
producción técnica complexa dun festival ou concerto grande, como tamen imos
a unha homenaxe con un micro….


Pregunta.- Paréceme moi interesante a vosa etapa na Sala Berlín. Por alí pasaron grandes nomes do panorama musical....Comentádeme un pouco sobre esta etapa.
María: No ano 2012 se nos ofreceu levar a producción técnica dunha sala que iba a abrirse na cidade de Ourense. O noso cometido era concretar cas bandas que virían a actuar pois todos os temas técnicos, horarios de chegada e probas de son…E así foi como comezamos paralelamente ca empresa a xestionar os temas técnicos dos concertos da sala. Comenzamos en maio do 2012 inaugurando a Sala Berlin co concerto de BARON ROJO. Por alí pasaron,efectivamente, moitos Artistas de nivel nacional e internacional, tamen locales. Leiva, La Fuga, Dover, Los Suaves, Miguel Costas, Gran Wyoming, Javier Krahe. Un monton de bandas estranxeiras de Europa e América, cunha calidade musical altísima malia seren 
descoñecidas no noso país.


Pregunta.-Houbo unha primeira etapa na que vos fixestes cargo da parte técnica e unha segunda na que asumiades xa todo o peso.

María: En marzo de 2016 mudamos a ubicación, para a zona dos viños,cerca da catedral. Un ano mais tarde, o xerente abandonou o tema e collin as rendas eu. Xa non só era a parte técnica, senon tamen cubrir a axenda de concertos, personal de sala, personal técnico…Esto alongouse ata xuño do 2017 que decidín pechar as portas definitivamente da Sala Berlin.

Foi unha etapa moi fructífera a nivel profesional e personal, 5 anos cheos de música
en directo moi diversificada.

Pregunta.-¿E pechastes no 2017.¿É difícil é manter unha sala de concertos ou era incompatible co voso traballo?
María: Era compatible ca labor da empresa, porque no verán non se abria a sala.
Asi que podíamos traballar con Prosoda tranquilamente. O resto do ano, xa xestionaba eu que non se solapara con eventos ca empresa. A decisión de pechala, foi que me dín conta que a etapa estaba chegando o seu FIN. Profesionalmente, tiven sempre a sensación que a cidade non merecía a Sala Berlin. Nunca mirei o tema económico, era mais ben traballar no que nos gustaba, pero hai que ser
realistas e ver as cousas como son realmente. Antes de queimarnos decidimos cerrar unha bonita etapa.


Pregunta.-Queríavos preguntar polo mundo dos grupos e orquestas que fan festas. Nun momento de despoboamento nas aldeas(que promoven milleiros de actuacións)por un lado e tamén cos avances tecnolóxicos(música enlatada,efectos)? ¿Cómo evolucionou este sector?
Albino: A verdade é que estamos un pouco fora de este sector. Pero sí colaboramos no mundo da verbena co Grupo NAZARET, porque leva un enfoque distinto. Non se basa na montaxe de grandes escenarios de luz e son, senon facer festa para o pobo. Catalogado como o grupo máis xoven de Galicia, con carácter desenfadado. Oito mozos, grandes músicos encima do escenario e 5 staff técnicos e montaxe. O xefe, Efrén Álvarez García, do Grupo NAZARET e da zona, procedente de Terroso
(Vilardevos) por parte de pai (Espectáculos Alvar).


Pregunta.- Qué diferencia o tratamento que hai que facer a unha orquestra de verbena dun grupo nun concerto.
Albino.-Na verbena non hai moitas esixencias a nivel técnico, obviamente sin contar as 5 grandes orquestas de Galicia. Casi todo vale….non se require ou non se valora a profesionalidade.
O técnico de luces tanto ten que saiba o repertorio; á xente do pobo vaille dar o mesmo si os focos de luces ligan coa música ou non.O da comisión, non che vai decir nada o respecto.
Moita infraestructura que non se manexa en condiciones técnicas adecuadas, moitas veces miras para o escenario e deduces que están os músicos enrriba, pero velos, é imposible, as luces e as pantallas de vídeo, non os visualizan.
O son, en fin, teño estado en verbenas, que escapo por non aguantar o son, por molesto….Cos equipos que hai hoxe en día, é que o son moleste, manda carallo!!!
Nun grupo, hai outros factores. Respecto hacia a música en directo, músicos que tocan e tes que plasmar a sua música en escena, tanto en son como luces. Hai unhas bases, cómo unha oficina de management, un mánager, que todo ten que estar na sua línea. Conta con que sexas profesional é eres un mais da CREW, do equipo completo de músicos.



Pregunta.-¿Hai moito intrusismo no sector do sonido ou considérase imprescindible contar cun profesional acreditado para cubrir un evento?
Albino: Sempre hai instrusismo laboral, o contratante por aforrar cartos a veces, casi
sempre, se vai o prezo mais baixo. Resultando que cando remata o evento se da
conta que non foi como era o agardado. Ben sexa, por non utilizar o equipamento
técnico adecuado ou por personal técnico non cualificado. En definitiva tú ese ano
xa non fixeches o evento.
María: Este intruso sempre vai ser mais económico que unha empresa profesional,
por carecer dos coñecementos administrativos como, seguros do persoal, R.C.,Prevención Laboral…Só polo feito de ter unhos bafles e unhos micros, todo é válido.
Pregunta.- Supoñemos que a pandemia vos afectou fondamente,a xulgar polas informacións que leemos a diario. ¿En qué medida vos perxudicou e cómo fostes saíndo adiante.?
María: O 14 Marzo 2020 para todo o mundo foi un “¿Qúe vai pasar agora?” Nós a
verdade é que non nos podemos queixar. Despois do confinamento, xullo e agosto,
tivemos a sorte de que se puideron facer cousas en pequeno formato e os clientes de
sempre contaron con nos. Cómo comentou Albino antes, a nosa facturación no só é dos eventos en directo. Fixemos varias instalacións de equipos, os concellos tiñan que xustificar o gasto,e, ao non ter feito actos culturais, compraron para cubrir os salons de actos tanto nas casas de cultura como nas propias instalacions dos concellos. Facemos reparacions do material, sobre todo de bafles, fabricación propia de cableado diverso…pero non cabe duda que o ano 2020 para nos non
existiu, a nosa facturación baixou un 60%.



Pregunta.- Sabemos que a Cultura é Segura. Podemos asistir a un evento cultural e non distraer as medidas de seguridade coma noutros entornos. Pero, malia todo, segue a ser un dos sectores máis esquecidos; vós incluso decides que invisibeis.¿Qué lle diríades aos programadores, Administracións e resto de implicados sobre a viabilidade do voso sector con todas as garantías?.
María: A CULTURA E SEGURA, pos sí, demostrouse que sí. O ser un sector tan diverso, somos ignorados polas administracions. Os que formamos parte do mundo artístico, somos parte oculta, non se nos ve encima de un escenario. Somos os que
facemos o traballo para o que vai pasar encima de ese escenario. Sin técnicos os Artistas non se van escoitar nin ver… Decirlle a Administración? Penso que en Galicia xa deberan saber quen somos, os propios gobernantes teñen constancia nosa
cando suben a un estrado e falan polos micros….. Pero seguimos sendo invisibles…non interesamos…

Para ser un bó profesional,non só basta con que che gusta a música, tes que                    SER MUSICO


Pregunta.- ¿Que lle diriades á mocidade que estea pensando ser técnico de son? Sabemos que o presente está duro pero¿hai futuro?
Albino: É unha profesión bonita, si che gusta a música. Para ser un bó profesional,
non só basta con que che gusta a música, tes que SER MUSICO. Ainda que, non
toques ningún instrumento, nin sexas músico practicante, eso o vas a plasmar no
teu traballo, se vai a notar unha diferenza.
Tamen hai que decir que ten a suas contras, non só vas a estar detrás de unha
mesa de son se tes unha empresa de son. Hai que cargar os camions, montar o
material, organizar unha loxistica, ter o material a punto……
María: ¿Hay futuro? A música sempre vai existir, anque a veces os nosos dirixentes
políticos remen en contra nosa. Vexase o que está a pasar en Ourense cidade.
O Auditorio utilizase para facer os plenos, sen os técnicos oficiais. O alcalde trae os
seus propios “técnicos”.

Pregunta.-Albino,¿nunca te plantexaches ser técnico de gravación en estudo?

Albino.-Non, o directo ten outra vida, son profesións distintas. No directo vives mais a música, é mais gratificante. Para min ser técnico de estudio, sería un traballo mais monótono. Non cabe duda, que ten o seu rollo guapo. Pero no directo hay que sacar o bolo para adiante,traballas mais ca improvisación. Cando che toca ser o técnico dunha banda que descoñeces, eso é un reto para ti.



Pregunta.- Pídovos que botedes a vista atrás; quitando este ano tan atípico,¿qué valoración facedes da vosa traxectoria profesional?¿cumpríronse as vosas expectativas do comezo?
María: Partindo de que o ano pasado para nos non existiu, estamos moi satisfeitos
ata orgullosos de haber sido partícipes de grandes eventos que tiveron lugar na
nosa ciudade de Ourense. Durante 5 anos consecutivos, ata o 2015 estivemos nas
festas de Ourense, na Plaza Maior con grandes Artistas da escena local, Emilio Rúa,
Daniel Minimalia, María do Ceo, un sinfín. No Concello de Riós, co artífice do Festival Artes Escenicas, Ruben Riós, tivemos o pracer de ser ata que se fixo o festival, a empresa ca producción técnica. En Verin, o FIC, comenzamos xuntos a andadura do festival do audiovisual FIC VIA XIV con grandes profesionais do noso entorno. Este ano, si vai todo ben, repetimos en setembro.
Non tiñamos expectativas ninguha, pero seguimos para adiante e o final non foi tan
malo…







Pregunta.-¿Qué obxectivo, se cadra algo utópico, vos gustaría acadar? Dito doutro xeito ¿cal sería ese soño a nivel profesional que colmaría as vosas aspiracións?


Albino: Vivir do que estás propoñendo cos teus servicios. Facer un bó traballo ainda que sexa menos, non abarcar o que non vas a facer ben, tanto sexa nun evento pequeno coma grande.


Pois agradecemos a María e Albino a súa amabilidade á hora de respostar ás nosas preguntas e desexámoslles unha longa e próspera traxectoria.


BEGOÑA VÁZQUEZ GAGO.-

Begoña Vázquez Gago rexenta O Regueiro da Cova Hoxe na Urdiñeira temos a unha profesional da cociña con grande prestixio. Pero tamén a unha ...