17 abril 2021

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS RIÓS E MARCELÍN

 


Hoxe pasa pola Urdiñeira a Asociación de Veciños do Riós e Marcelín. Ademáis de Asociación de Veciños son Asociación Cultural. Dende a súa constitución mantéñense activ@s aínda que pola pandemia está todo parado. Falamos con Rosa Delgado que nos achega o día a día da Asociación.

 

Pregunta.-¿En qué ano se constituiu a asociación?  

Resposta.- En maio do 2011

 

Pregunta.- ¿Cómo xurdiu a idea de asociarse?

Resposta.- Como non había Asociacións de Veciños pensamos en unirnos para conseguir cousas que, doutro xeito son complicadas.

 

Pregunta.-¿Cantos soci@s sodes?

Resposta.- No 2019, o último ano que fixemos completo, tiñamos 80.

  

Pregunta.-¿Qué requisitos hai que cumplir para ser socio/a?

Resposta.- Ser veciño do Concello do Riós. Tamén hai que  pagar unha cota anual que temos actualmente en cinco euros.                    

Pregunta.- ¿Hai que estar empadroad@ para ser socio?

Resposta.- Normalmente toda a xente está empadroada aquí aínda que non é imprescindíbel.





 

Pregunta.-¿Cómo vos financiades ademáis das cotas?

Resposta.-Buscamos ingresos de xeitos diversos: vendemos lotería, facemos festas e recaudamos a través do bar… Nalgunha ocasión puntual confeccionamos prendas de punto que logo puxemos á venda na Festa da Castaña.

Subvencións fixas non temos pero si esporádicas da Xunta que nos deron para mobiliario e un ordenador por exemplo Tamén recibimos axudas da Deputación e do Concello.

  

Pregunta.- ¿Tedes un local?

Resposta.- Agora temos dous: o último foi doado pola nosa veciña María Asunción Nieves. Foi durante moitos anos “A cantina do Toñito”; Por mediación do Concello un Obradoiro fíxonos a restauración dunha parte e a outra para cando teñamos outra partida continuaremos.

 

Pregunta.-¿Cómo está o nivel de participación?

Resposta.- Hai que insistir un pouco pero logo a xente disfruta das actividades.

 

Pregunta.-¿Qué actividades levades a cabo?

Resposta.-Facemos excursións para as que @s soci@s temos un prezo reducido e os non socios teñen un prezo normal. Imos a sitios non demasiado lonxanos (Guimaraes, Puebla de Sanabria,Salamanca, León,Barcelos….) onde pasamos o día e coñecemos outras culturas. Un par de veces fomos a ver actuacións de Emilio Rúa.






Temos feito cursos de informática, de cociña; un ano  fixemos clases para aprender a facer postres de Nadal.



  Coa Coral Cantarela facemos un festival anual na igrexa onde recibimos a outras  corais e facemos unha  xuntanza na que intercambiamos coñecementos.  

                   

                      

Como somos Asociación Cultural temos 4 grupos musicais(Coral, Banda de Gaitas,Grupo Instrumental e Pandereteiras) onde asistimos a clases e ademáis facemos actuacións.      Temos, ademáis un aula de baile que, de momento, só é para aprendizaxe. Coa Coral facemos un festival anual na igrexa onde recibimos a outras corais e facemos unha xuntanza na que intercambiamos coñecementos. Tamén asistimos a onde nos invitan. Coa banda tamén facemos actuacións nas festas das aldeas do Concello. No nadal xuntamos todos os grupos e facemos un festival. Ese día actuamos para os vellos da Residencia; ese acto énchenos de satisfacción e a eles gústalles moitísimo.







Coa banda temos ido moitas veces fora, por exemplo Ribadavia, Melón, Manzaneda, Monterrei, Verín…



Tamén colaboramos co Concello no Entroido. Xa dende a recuperación do traxe e logo na celebración que, por certo, ten cada vez máis xente.







Pregunta.- ¿En qué consiste a celebración?

Resposta.- Facemos pola mañá desfile no Riós cos vellarróns e, xa pola tarde festa de baile con disfraces en Marcelín. No baile do ano pasado inauguramos a Casa do Pobo.

 

Pregunta.- Temos visto pasear o Vellarrón por distintos lugares fora do noso Concello.

Resposta.- Temos ido a mascaradas en Viana e Vilariño, a desfiles en Santiago, en Lalín…. Unha vez que se fixeron os traxes hai que ensinalos, non os imos deixar no armario.


 




Pregunta.- ¿Estaba un pouco esquecido o entroido do Riós?

Resposta.- Sí, estaba un pouco perdido. Colaboramos co Concello para recuperar a historia,

Tamén no obradoiro de confección.


 Cada un estaba financiado en parte polo Concello i e parte pola persoa á que se lle adxudicaba o traxe.





 

Pregunta.- ¿Quén financiou os traxes?

Resposta.- Cada un estaba financiado en parte polo Concello i e parte pola persoa á que se lle adxudicaba o traxe.


 



Pregunta. ¿Se alguén quere participar das vosas actividades cómo podería contactar?

Resposta.-  No teléfono 605584995




  Estamos desexando que pase todo para que o noso proxecto siga crecendo,sempre coa colaboración da veciñanza.

  

                            

Pregunta.- Haberá xente que estea pensando en constituirse en Asociación na súa aldea ou no seu barrio  ¿É complicado crear e manter activa unha asociación?

Resposta.- Non demasiado. Unha vez que reúnes a documentación precisa e contas coa xente que vai participar non é complicado salvo atopar o tempo para facelo.


Pregunta.- ¿Cómo vos afectou a pandemia?

Resposta.- Moito, principalmente por responsabilidade para evitar a transmisión. Ao non poder xuntarnos tivemos que parar todo. Estamos desexando que pase todo para que o noso proxecto siga crecendo, sempre coa colaboración da veciñanza.

 

 

 

Pois agradecemos a Rosa Delgado a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas e formulamos o desexo de que os movementos asociativos da nosa zona se reforcen e sigan ofrecendo  o servizo tan preciso nos tempos que corren.

10 abril 2021

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "PAÍS DE RIÓS"

 

Hoxe falamos con Élida García que nos achega a información da Asociación de Mulleres Rurais "País de Riós". O movemento asociativo é de vital importancia sempre,máis tendo en conta a situación do rural.


Pregunta.- ¿En qué ano se constituiu a Asociación?
Resposta.- No ano 2001

Pregunta.- Supoño que varía pero,en circunstancias normais¿cantas socias compoñen "País de Riós"? 
Resposta.- Si, antes da pandemia eramos unhas 40 socias.

Pregunta.-¿Qué requisitos hai que cumplir para pertencer á Asociación?Por exemplo¿hai que estar empadroada?
Resposta.-E requisito é pagar a cuota anual de 15€. Normalmente somos todas do Riós,aínda que algunhas estén empadroadas en Verín. Non se pon problema por eso.

Pregunta.- Entón, parte do financiamento ven das cuotas das socias. ¿Qué outras aportacións tedes?
Resposta.- Acudimos á Deputación Provincial de Ourense e á Xunta de Galicia.


Celebramos unha reunión anual en xaneiro que é moi importante e require a máxima asistencia.


Pregunta.- ¿É obligatorio asistir a actividades, reunións....?
Resposta.-Celebramos unha reunión anual en xaneiro que é moi importante e require a máxima asistencia.

Pregunta.-¿Qué actividades levades a cabo?
Resposta.- Costa lembralas todas pero dende pilates a restauración de muebles pasando por bailes de salón, zumba, teatro, pintura, cociña, cesteiría, crochet....




actividades relacionadas coa formación e tamén coa saúde coma risoterapia, autoestima, prevención da violencia de xénero. No seu momento tivemos servizo de fisioterapia




Pregunta.- A parte de actividades relacionadas co ocio e tempo libre¿tedes outras destinadas á formación e capacitación?
Resposta.-A través de Femuro, á que pertencemos, chégannos actividades relacionadas coa formación e tamén coa saúde coma risoterapia, autoestima, prevención da violencia de xénero. No seu momento tivemos servizo de fisioterapia. Roberto Gago era o noso fisioterapeuta. De feito foi coa Asociación con quen acadou a súa mestría nos masaxes.



Pregunta.-¿Tamén colaborades na celebración da Festa da Castaña?
Resposta.- Sí, sempre facemos unha exposición de manualidades e dulces con castañas, sobre todo magdalenas e vendiámolas. Tratábase de apoiar ó Concello e que a festa fose para arriba.

Pregunta.- ¿Tamén facedes viaxes?
Resposta.- Sí unha ou dúas excursións ó ano ás que pode asistir xente que non é da asociación. Aínda que é outro precio distinto das socias resulta económico tamén para os de fora.  E a nós axúdanos a completar o autobús. A última de moitas que fixemos foi a ver o nacemento do Miño.
Outra ventaxa de estar en Femuro é a Residencia de Tempo Libre en Panxón á que solemos ir en Abril todos os anos; por un módico prezo estamos 3 días nun entorno privilexiado na praia de Patos. Alí tamén se celebran charlas moi interesantes. Tamén se celebran, normalmente en balnearios, xornadas de Desenvolvemento Rural. Logo tamén asistimos á celebración do Día da Muller Rural do que se encarga, por turnos, unha asociación das que compoñen Femuro. Esa asociación anfitriona invita ás outras e xuntámonos todas para ese día. 


Pregunta.-¿Cómo afectou a pandemia?
Resposta.- Nós tiñamos un ritmo constante durante todo o ano con actividades fixas coma ximnasia, zumba e pilates. Tamén tiñamos unha cea ao fin da primavera que sirve para confraternizar. Todo esto quedou parado.

Pois coa expectativa de que a Asociación de Mulleres Rurais "País de Riós" poda retomar en breve as súas actividades, agradecemos a Élida García a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas.

Nota.- As fotos foron proporcionadas pola Asociación

03 abril 2021

RUBÉN RIÓS

 



Foi un estudante incómodo para o sistema. A súa falla de concentración e hiperactividade encasillárono coma un rebelde e levárono a ser expulsado. Pero nese colexio das Vendas da Barreira unha profe puxo a semente do que hoxe é Rubén Riós. Relativiza a frustración que lle fixeron sentir tanto coma o éxito da etapa presente. Cree máis nos obxectivos. Hoxe recoñece que lle resulta máis sinxelo chegar ao público por ter unha marca no mercado, pero lembra o duro que foi. Non perdades esta entrevista porque nos deixa exclusivas interesantes.

Pregunta.- Contáchesme que fuches expulsado porque roubaches libros da biblioteca do centro. Querías decorar a túa habitación. Aquel episodio unido a un sistema educativo no que parecías non encaixar,non quitan para que consideres que a túa infancia foi feliz. Esto débese,según contas, a toda esa xente que te aloumiñaba cando acompañabas ao teu pai polas aldeas do Concello. Eles axudaron a conformar esa infancia que tí valoras como feliz. Pero, ademáis houbo unha profe que che marcou naquel momento e se cadra tivo que ver nese balance positivo. Cóntanos un pouco cómo aconteceu porque ahí podería estar a semente do que sería o Rubén Riós artista.
 
Resposta.- Sí, os meus pais agasalláranme coa nova habitación i eu non atopei mellor maneira de decorala que enchéndoa de libros... eu penso que o que quería era chamar a atención, ser escoitado. O caso é que cando voltei ao Centro o 99,99% dos profes me decían o que tiña ou o que non tiña que facer, ou tamén o mal que o fixera. Pero houbo unha excepción e foi unha mestra chamada Lidia a que fai 28 anos que non vexo pero que vou ver en breve. Ela fíxome unha pregunta que non me fixeran nunca: 
-¿qué che gusta?
Eu non entendía a pregunta pero ela insistiu
-pois o que me gusta é non estar en clase, non levar broncas, non estudar.
Curiosamente todas as miñas respostas levaban o non
-pois eu creo que tes un comunicador dentro, porque das poucas veces que estudas e das a lección no encerado demostras unha capacidade de captar a atención da xente e unha capacidade de expresión que non vexo noutros alumnos.
Eu seguía sen entender pero o caso é que me daba un papel nunha obra de teatro. Ela sabía que era mal estudante e sólo me deu tres frases. Aquelo tocoume o orgullo. Eu queria facer o protagonista.  A obra chamábase O Esteviño. Estudeina de arriba abaixo e nos ensaios iba corrixindo aos meus compañeiros cando se equivocaban. O final,coa miña persistencia, acabei levando o papel protagonista. E así foi coma me subín ao meu primeiro escenario formado por mesas verdes de comedor, unidas unhas ás outras, cubertas por papel de estraza marrón. Foi a primeira vez que me sentín escoitado e valorado. Lembro que ao chegar a casa me dixo meu pai ,ao que lle chegaran os parabéns
-E logo que fixeches hoxe no colexio que debiches facer algo ben.....
Moita xente no centro veíame doutro xeito, xa non era aquel desastre. 
Eses aplausos eses "moi ben" déronme  forzas, empodereime e propuxenme firmemente ser actor. Recoñezo que daquela non o creía moito pero ao final levo vinte anos e a miña productora,Claqueta Coqueta cumple quince para o ano que ven.

 

“Estou moi agradecido á miña familia porque,aínda que ao primeiro non o entenderon, no momento que viron que era a miña vocación sempre estiveron ahí.Quería adicarlles esta entrevista a eles e a todos os veciños do Riós”

  

Pregunta.- Cómo interviu a familia na túa traxectoria.

Resposta.- Estou moi agradecido  porque,aínda que ao primeiro non o entenderon, no momento que viron que era a miña vocación sempre estiveron ahí: a miña mai, Pacita, facendo comidas para os artistas, o meu pai Hermógenes pegando carteis con 40 graos de calor, o meu irmán Javier indo a buscar artistas co seu coche,montando e desmontando sillas....Apoiáronme sempre e, si mo permites, queríalle adicar esta entrevista á miña familia e ós veciños do Riós.





Pregunta.-Rubén ¿qué é para tí o éxito?

Resposta.-Non creo na palabra éxito nin na palabra triunfo no sentido que se coñece; para una mai o éxito pode ser comprar os libros do ano ao seu fillo,ou darlle de comer ese día, por exemplo. Eu creo en cumplir obxectivos.




Pregunta.-¿Entón,cómo valoras o cumplimento dos obxectivos que te propuxeches no seu momento?

Resposta.- Pois estou cumplindo obxectivos,máis dos que houbese previsto na miña carreira. E os que quedan por cumplir se temos saúde. Porque agora xa é unha cuestión de saúde e sorte porque xa está o camiño andado; agora xa che empezan a ofrecer proxectos, xa tes unha marca no mercado, un  público que demanda os teus contidos.




 Pregunta.- Pero ¿a resposta é sempre positiva?

Resposta.- Eu recibín moito amor, pero cando destacas, cando cumples os teus obxectivos, tamén aparece a envexa, o rechazo, pero minoritario. E a esas persoas lles estou moi agradecido porque me axudan a valorar a quen de verdade me apoia. O Riós e as súas aldeas danme apoio e cariño de xeito maioritario i eso dame moita forza. Cada vez que escoito o nome de Riós, ou as súas aldeas, ou os seus veciños síntome orgulloso. O facer os eventos no Riós é coma unha homenaxe a eles. Cando remate a pandemia voltaremos a programar. Os datos son preocupantes por exemplo en nacementos, en emprendementos,

 

 

Pregunta.- Das críticas ¿sacas cousas en positivo?

Resposta.- Ante todo sei que como persoas públicas non lle podemos gustar a todo o mundo. E as críticas fanme valorar máis aínda a toda a xente que me apoia.

 

Eu valoro máis esas persoas que cando consiguen os seus obxectivos na súa profesión, crean unha estructura para axudar aos demáis. Nesa xente é na que me fun fixando eu ao longo dos anos, por exemplo Carmen Avendaño ou o padre Ángel.

 

Pregunta.- As veces vemos que se dí de un artista que é un "grande profesional". ¿Está a profesionalidade sobrevalorada?

Resposta.- Eu creo que a profesionalidade é unha obriga. Non é algo que alabar nin a profesionalidade nin o éxito profesional. Eu valoro máis esas persoas que, cando consiguen os seus obxectivos na súa profesión, crean unha estructura para axudar aos demáis. Nesa xente é na que me fun fixando eu ao longo dos anos, por exemplo Carmen Avendaño, ou o padre Ángel. Eso é o que intento eu dende o 2012,ano no que tiven a sorte de dirixir a curta Vida e o documental Máis caVida.

 


Non son  mellor persoa por esto senon que me 

     aportan máis eles a min que eu a eles

 

Pregunta.-¿Cómo foi esa experiencia coa discapacidade? 

Resposta.-A primeira sorpresa foi no tempo de rodaxe que eu planificara para tres meses e foron,finalmente dous anos e medio. Fun,inocentemente a facer unha curta para axudar a xente con discapacidade e a vida deume un bofetón enorme i empezoume a dar leccións que o sistema educativo non me dera nos anos de estudante. Dinme conta das contradiccións da nosa sociedade. Por exemplo esa búsqueda da diferencia na nosa marca comercial, no noso vestir,etc. Pero cando a diferencia humana nos aparece diante nos asustamos e non nos relacionamos correctamente con ela. Non por maldade senon por falta de coñecemento. É preciso que os creadores, ademáis de entreter coas nosas creacións tamén creemos conciencia sobre a diferencia en todos os ambitos. Esa diferencia debe ser posta en valor. A sociedade debe comprender esa diferencia coma algo positivo. Por exemplo as diferencias que ten o rural,en relación ao ámbito urbano son ventaxas competitivas. E os colectivos vulnerabeis teñen un potencial que precisa de un empoderamento previo, por exemplo con postos de traballo axeitados. Dende o 2012 levo con esa teima e aproveitando a miña fama conseguimos, xunto ao meu equipo, que moitos máis chegaran á meta. Non son  mellor persoa por esto senon que me aportan máis eles a min que eu a eles. E,claro está, alégrame moito o éxito ao que contribuimos.




O método “Máis ca Vida” emprega o audiovisual e a creatividade coma ferramenta de inclusión social e laboral en colectivos desfavorecidos coma mulleres víctimas da violencia de xénero, discapacidade, muller rural, vellez...


Pregunta.- Qué e o método de traballo "Máis ca vida"?

Resposta.- É un método que emprega o audiovisual e a creatividade coma ferramenta de inclusión social e laboral en colectivos desfavorecidos coma mulleres víctimas da violencia de xénero, discapacidade, muller rural, vellez... O mellor aval son todas esas persoas ás que axudamos.


Pregunta.- Penso que Libro de Familia supuxo a túa proxección como actor. ¿Cómo valoras este traballo?

Resposta.- Libro de Familia foi un Máster. Unha serie que permaneceu durante dez anos en prime time domingo tras domingo. Arredor de catrocentos capítulos; rematabamos unha tempada, descansábamos vinte días e volta ela. Lembro firmar tres tempadas no mesmo contrato. Eso non pasa hoxe. Foi trascendental a nivel profesional e mesmo a nivel económico xa que outros proxectos que non tiñan retorno económico se financiaban cos beneficios de Libro de Familia. Foi moi importante a nivel persoal coñecer a Abelardo Gabriel. No primeiro ano do Festival axudoume moitísimo na convocatoria de medios polo seu valor de producción xa que viña de “Nada es para siempre” ou ”Al salir de clase”; era un actor coñecido a nivel estatal. Aínda non se chamaba Festival das Artes Escénicas Aberlardo Gabriel. Eso foi a partires do 3º ano, cando me traslada nun camerino que ten un cancro que lle repite dez anos despois. Él pediume que o axudase a terminar de grabar "porque canto antes remate antes morro". Estivo até dous meses antes de morrer  rodando. Impresionante. E teño que dicir que, grazas a él, que tiña moi boa relación con Carlos Sobera, conseguimos que este viñera a Riós. 

Pregunta.-Entendo que Máis ca Vida foi un proxecto trascendental na túa traxectoria. Antes estiveran Adeus Edrada, Coser e Cantar, os teus papeis en Pradolongo e Vilamor. Máis recentemente Auga Seca. ¿Qué representou Auga seca?

Resposta.- Foi o meu primeiro paso a unha plataforma dixital,neste caso HBO. Tamén teño un pequeño papel nunha serie de Amazon Prime que se chama “Tres Caminos”

 





Pregunta.-E a puntiño está de saír Vento Norte….

Resposta.-O 19 de abril temos a presentación privada para actores e persoas que traballamos en Vento Norte. Aínda non temos data de estrea na TV pero problemente entre o 19 e o fin de abril se estreará o primeiro dos dez capítulos da serie. Fago dun personaxe co que me identifico en certos momentos,chamado Apolonio, un anarquista curioso. Son o único actor galego e mesmo español. Creo que esta serie vai significar un antes e despois na miña carreira.

Pregunta.- ¿E qué outros proxectos están ahí?

Resposta.-Nesta pandemia creei dous “proxectos de escoita”:Camiñantes do Noso e Arrieiros Somos para agradecerlles a todas esas xentes do rural todo o que fixeron por nós. Eu son o que son grazas a eles. Vin demasiadas preguntas sen resposta e demasiada pena durante a primeira ola no Hermógenes e a Pacita.




 De arrieiros comezamos en breve a gravar a segunda tempada;a terceira xa está pechada.

 



Vou deixarvos un par de exclusivas:a primeira é que estou escribindo un libro pero aínda non podo adiantarvos nada.

A outra é que imos externalizar a ruta do talento por distintas aldeas de Riós. A -ruta será totalmente accesible.




De Latexos do Rural retomaremos adicándolles os castiñeiros desta volta ao Hospital de Verín e a Benedicta Sánchez. Tamén estou preparando a primeira longametraxe coma director.

 

 

 Pregunta.- Aínda que tes exercido múltiples facetas coma director, actor, productor, empresario…. En cál delas te sintes máis a gusto e pola que che gustaría ser lembrado.

 

 Resposta.-A faceta interpretativa, dende o egoísmo, resulta moi proveitosa: pódome gañar a vida, entreteño ó público facendo o que máis me gusta…. pero o que máis me enche é poder dar ferramentas a colectivos vulnerabeis que teñen dificultades para falar en público,interpretar,etc. Eso damo a dirección. Ver a unha persoa levantar un premio, despois dun esforzo de autosuperación é moi gratificante. Non teño unha “varita mágica”. A actividade creativa en xeral, e o teatro en particular, deberían ser asignaturas obrigatorias. É preciso,máis alá de ser pintores ou actores,deshinibirse,gañar autoconfianza.                                Sobre como me gustaría ser lembrado creo que coma un rapaz de aldea que aproveitou a súa carreira para devolverlle ós seus vecinos parte do que eles lle deron previamente.

Pregunta.- Despois de rodar por tantos lugares ¿qué opinas do noso Concello coma escenario cinematográfico?

 Resposta.-É difícil ser obxectivo porque me veñen os recordos de infancia, e porque eu traballo con cheiros, con sensacións….. Pero podería dicir que non hai cousa igual a pasear en outono por un souto alfombrado de follas que van crebando baixo os teus pes. Eso non o atopei en ningures. Non che podo falar de elementos concretos porque a cámara non é suficiente para captar esa esencia que creo que distingue ao noso territorio.

 Pregunta.- Cál é ese proxecto soñado, ideal,se cadra un tanto utópico que che pasa pola cabeza para un futuro?

Resposta.-  O meu anhelo é que un proxecto dirixido por min, especialmente nos contidos, poda estar nunha plataforma dixital (Netflix,HBO, Movistar…) e teña impacto para formar a futuros profesionais, nos centros de ensino e as universidades; xenerar ferramentas a colectivos vulnerables.Premisa fundamental, insisto, sería que eu teña a dirección de contidos do programa. De feito xa estamos traballando nese senso, o outro día estiven na Universidad Autónoma de Madrid, a Universidade de Santiago nomeou un dos meus traballos coma “ferramenta socio-educativa”… Creo que do que fagamos hoxe dependerá o que imos ser o día de mañá e co impacto que poderiamos acadar nestas plataformas alcanzariamos o obxectivo.


Pregunta.- Por último non queriamos descuidar o plano persoal ¿Qué recordos tes da túa infancia?

Resposta.- Tiven unha infancia feliz(rotundo). Débollo a xente de Riós, de Castrelo, de Pedroso, da Veiga do Seixo,das Ventas e de tantas aldeas que, cando acompañaba ó meu pai a comprar becerros ou a vender carne nas festas, sempre tiñan un aloumiño, un consello, un sorriso. Por iso un día decidín que "Riós" tiña que ir preto de "Rubén" e "Rubén" de "Riós". É coma unha homenaxe ao que esas persoas me deron e me siguen dando.


 







 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



 


BEGOÑA VÁZQUEZ GAGO.-

Begoña Vázquez Gago rexenta O Regueiro da Cova Hoxe na Urdiñeira temos a unha profesional da cociña con grande prestixio. Pero tamén a unha ...