Marina Vaz Quitillán leva unha longa traxectoria adicada a impartir aulas de Ximnasia e distintas actividades deportivas. Formouse coma Técnico Superior en Actividades Físico Deportivas.
Pregunta.- ¿Canto tempo levas na docencia de actividades deportivas?
Resposta.- Levo 15 anos dando clase
Pregunta.-¿Cómo foron os comezos profesionais?
Resposta.- Empecei entrenando un equipo de fútbol. E logo ximnasia ,fitnes step,patinaxe artístico...
Pregunta.- Na actualidade exerces como profe autónoma en distintos concellos.....
Resposta.-Si ,agora co tema covid temos as actividades paradas pero levo 15 anos dando clase nos concellos da zona:Mezquita,Lubian ,Castromil, Gudiña ,Laza , Rios..
Actividade infantil |
Pregunta.- O alumnado é maiormente 3ª idade ou depende das zonas?
Resposta.- Si ,polo xeral ou xente maior ou nenos,ainda que hai de todo. Nas zonas rurais non temos suficiente xente como para facer grupos por nivel ou idade o que nos leva a adaptar as clases a grupos moi hetereoxeneos. O que sí está pasando, polo avellentamento da poboación, é que cada día os grupos son de maior idade.
Parque de aventura A Mezquita |
▪A actividade física é fundamental para acadar unha tercera idade con calidade de vida▪
Pregunta.- ¿Cómo de importante é, para un envellecemento activo, a actividade física ben enfocada?
Resposta.- E fundamental para acadar unha tercera idade con calidade de vida ,tanto a nivel físico como psicolóxico i emocional. Trátase de mellorar a calidade de vida das persoas en todos os aspectos; porque a actividade física ben realizada
1º prolonga a autonomía personal
2º mellora as capacidades físicas e a autoestima
3º contribúe a crear grupos de relación onde a xente non soio práctica deporte, senon que tamén se reúnen, falan, desafóganse, socializan....
O outro dia chamoume unha alumna para ver cándo retomaremos as clases e me decía que a única relación social que tivera no último mes fora ca panadeira cando lle llevaba o pan. E isto non sucede so por a panademia. Temos moita xente q si non fose polas actividades que realizamos acercándonos a estés pobos pequeños estarían toda a seman na máis absoluta soidade. A sensación de illamento que agora vivimos nós coa pandemia forma parte do seu día a día, permanentemente. De ahí a importancia de estas actividades e da apertura de centros de reunión como a Reitoral da Chaira; compre revitalizar e humanizar os pobos para evitar que cada día se parezcan máis ás cidades, onde moita xente maior vive na absoluta soidade, pegados a un televisor sen calor humano e sen relación cos veciños.
Pregunta.- Voltando á materia que impartes, hoxe estamos no tempo das redes sociais; abondan os tutoriais de todo tipo, e a actividade física non é unha excepción. Supoño que compre lanzar algunha advertencia ao respecto ¿Que consecuencias pode traer un exercicio mal practicado?
Resposta.- Buf,moitisimas. Un exercicio mal enfocado pode acarrear dende lesións leves como tirons musculares, micro-roturas de fibras no mellor dos casos....pero podemos provocar lesións moi serias e permanentes como problemas con hernias ,problemas de columna ,cervicales....
Agradecemos a Marina Vaz a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario