19 febreiro 2021

ELADIO POUSADA BERMÚDEZ

Chámase Eladio Pousada Bermúdez pero todos o coñecemos coma Lalo. Natural das Vendas da Barreira leva moitos anos como viticultor afincado na comarca do Bierzo. Tivemos ocasión de probar varios dos seus caldos e confirmamos a súa boa man neste oficio. Esta tamén foi unha entrevista a distancia por mor da pandemia.






PREGUNTA.- Cómo comezou a túa experiencia no mundo do campo?
RESPOSTA.- Cursei estudos de técnico especialista agropecuario en Ourense. Aínda que houbo un intervalo no que me adiquei a preparar oposicións. Foi onde coñecín a Elena, coa que logo casei. Nun ano que quedaron conxeladas ela acudiu a unha oferta coma bióloga na súa terra natal, o Bierzo. Eu aproveitei para facer cursos de poda e viticultura.
PREGUNTA.- Aquí xa te orientaches a unha especialidade, a viticultura. ¿Por qué?
RESPOSTA.- Porque a familia de Elena tiña viñedos.







PREGUNTA.-¿Qué che aportaron aqueles cursos?
RESPOSTA.- A parte dos coñecementos proporcionáronme a oportunidade de coñecer a xente con moito prestixio no mundo do viño, tanto do Bierzo, coma a nivel mundial. Por exemplo Raúl Pérez que foi meu profesor e agora é moi bó amigo. Hoxe está considerado coma o mellor enólogo do mundo.
PREGUNTA.- Ao rematar estes cursos,¿comezaches xa na viticultura?
RESPOSTA.-Non, aínda estiven traballando un par de anos nunha empresa allea ao mundo do viño. Cando o meu sogro se xubilou fíxenme cargo dos viñedos.
PREGUNTA.- ¿Cándo arrancou a túa primeira colleita?
RESPOSTA.- No 2006. Daquela contaba con unhas sete hectáreas de viñedo.








PREGUNTA.-Naquela altura ¿vendías uvas e viño ou só uvas?
RESPOSTA.-A familia de Elena vendía únicamente uvas. Contaban con clientes tan importantes coma Prada a Tope, Dominio de Tares, Pittacum, Losada-viños de finca. Pero eu tiña trato cos seus enólogos e fun dando os primeiros pasos nese mundo. Ao primeiro fixen viños cos pagos máis pequenos e poucos kilos de uva, pero tamén comecei a transformar a bodega familiar. Por exemplo cambiéi os tinos de cemento por cubas de aceiro inoxidable. 
Tamén,no cultivo, fun introducindo os coñecementos adquiridos na formación, aínda que respectando a tradición.

                               

Comecei a transformar a bodega familiar. 

Por exemplo cambiei os tinos de cemento 

por cubas de aceiro inoxidable.









PREGUNTA.- A formación ¿foi únicamente aquela previa aos comezos coma viticultor ou fuches actualizándote?
RESPOSTA.- Foi unha formación contínua. Nos invernos sempre aproveitei para facer cursos.
PREGUNTA.- A mecánica de traballo continuou sempre igual?
RESPOSTA.- Non. No 2014 aparecen polo Bierzo moitas bodegas interesadas en producir nesta zona tan interesante. Algunhas tan importantes coma J. Palacios, Emilio Moro ou Martín Códax. A mín gustoume o proxecto de Martín Códax que é un referente mundial no albariño.
Os seus enólogos e técnicos de campo explicáronme as especiais características desta zona. Chamábanlle a PEQUENA BORGOÑA.


A zona do Bierzo tamén é coñecida coma Pequena Borgoña. A riqueza en minerais do seu subsolo faina moi produtiva,non só en viñedo senon tamén en todo tipo de froiteiras




PREGUNTA.- Qué características ten esta zona a nivel vitivinícola?
RESPOSTA.- O Bierzo é unha zona rica en minerais que a fai moi produtiva non só para viñedo senon para frutais. Son moi recoñecidas as cereixas, pementos,mazás,peras....
PREGUNTA.-¿Pero o viñedo pode dicirse que é o cultivo berciano máis destacado?
RESPOSTA.- Sí, por tradición e relevancia o viñedo chegou a ser un emblema desta comarca.
PREGUNTA.- Volvemos a Martín Códax. Decíasme que tiñan un proxecto no que contaban contigo.
RESPOSTA.- Sí, tiñan un proxecto de bodega para o que precisaban xóvenes agricultores que traballaran de xeito diferente cambiando a idea de producción e buscando a máxima calidade. E foi así como comecei a ser viticultor de Martín Códax dende entón até agora.






PREGUNTA.-¿Qué che atraía deste proxecto?
RESPOSTA.- Vin a posibilidade de formarme e prosperar coma viticultor.





PREGUNTA.- ¿Cómo foron os comezos nesta nova etapa?
RESPOSTA.- Comezamos con microvinificacions de xeito experimental e actualmente é unha bodega que elabora unhas 700.000 botellas de Bierzo. Unha gran parte é aportación das uvas da nosa familia.


PREGUNTA.-¿En canto se cifra a vosa producción?
RESPOSTA.-Actualmente producimos unhas 150 toneladas de uva das que vinificamos na nosa bodega 40 toneladas. Mencía e godello.






*Actualmente producimos unhas 150 toneladas de uva das que vinificamos na nosa bodega 40 toneladas*



.
PREGUNTA.- ¡¡150 toneladas!! ¿Cómo é unha vendima nas vosas viñas?
RESPOSTA.- Dura uns 26 días. Lembro,cando era pequeno, que ir á vendima era un traballo que xa nos atemorizaba cando se achegaba o día. E só era un día... 
PREGUNTA.- ¿Facedes a colleita con máquina ou a man?
RESPOSTA.- Non hai nada mecanizado, non sendo o tractor que leva as uvas. A vendima faise a man, con navallas. Neste enlace podedes ver cómo se fai.



https://youtu.be/xu6Lz1o9R2w



PREGUNTA.- Queda claro, Lalo, que este oficio é bastante duro. ¿Qué te leva a seguir apostando por él?
RESPOSTA.- Teño que recoñecer que o mundo do viño é especial. Engancha moitísimo,dende a poda da cepa ata a vendima e a posterior transformación da uva. Tódo o ano estamos activos, a distintos ritmos dependendo da época. Eu comparo cunha serie de tv que, si comezas a vela tes que chegar ao final. 
PREGUNTA.- E, neste caso, cál é o final?
RESPOSTA.- A recompensa final é a recompensa de ver un traballo ben feito.


*Agradecemos ó Lalo a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas e animámosvos a probar os seus viños.*










11 comentarios:

  1. Cómo consumidora do seu viño só podo decir que é cousa rica e a teanquilidade que me da poder tomar un viñoque sabes de donde ben pois mais. Gracias por ese gran traballo e a Urdiñeira pola entrevista que é moi interesante 🙏

    ResponderEliminar
  2. A terra sempre devolve. Coidala, mimala... Na precura desa calidade que Lalo ano tras ano vai na precura da excelencia nas suas colleitas e os seus caldos. Un orgullo Lalo, non deixes nunca de creer nas bondades da Terra!

    ResponderEliminar
  3. A terra sempre devolve. Coidala, mimala... Na precura desa calidade que Lalo ano tras ano vai na precura da excelencia nas suas colleitas e os seus caldos. Un orgullo Lalo, non deixes nunca de creer nas bondades da Terra!

    ResponderEliminar
  4. Grande Lalo. Excelente persona.Cuando mi padre esta en su pueblo siempre compra su vino, dice que es buenisimo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Efectivamente Bego, o Lalo é unha excelente persoa pero ademáis un gran profesional.Grazas polo comentario

      Eliminar
  5. Subscribo totalmente o comentario anterior! Parabéns a Lalo e á Urdiñeira por este magnífico traballo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Lourdes Vaz. O voso recoñecemento anímanos a seguir.

      Eliminar
  6. Bonita historia, gracias a Urdiñeira por contala. E parabéns a Lalo polo seu traballo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Carlos polo teu comentario. Alégranos que che guste.

      Eliminar

BEGOÑA VÁZQUEZ GAGO.-

Begoña Vázquez Gago rexenta O Regueiro da Cova Hoxe na Urdiñeira temos a unha profesional da cociña con grande prestixio. Pero tamén a unha ...