07 febreiro 2021

ENTREVISTA A EMILIO RÚA

 Hoxe entrevistamos a Emilio Rúa, e facémolo a distancia dada a situación sanitaria.

Pouca presentación precisa para os seguidores da Urdiñeira. A súa traxectoria e ben coñecida por estas terras que o viron medrar dende neno coma músico e como persoa.
Concorde Atenea, o grupo familiar era un habitual nas festas próximas pero tamén as de máis lonxe(Castela,Portugal,.....).
O artífice deste proxecto musical familiar foi o seu pai, de nome Emilio pero máis coñecido como "O Reina". Un músico vocacional que contra vento e marea fixo deste noble arte un medio de vida. Un referente, sen dúbida.


Pregunta.- ¿Qué representou a traxectoria do teu pai á hora de iniciar a túa carreira?
Resposta.- En primeiro lugar tan só son unha prolongación do seu Don. Un pai ou unha nai deben ser referentes para un fillo. E neste caso O' Reina foi quen me iniciou neste incríble universo da música a min e aos meus irmáns, enchendo as nosas vidas de valores fundamentais como a honestidade, a confianza e as raíces. A miña carreira sempre dixen que comezou con sete anos.Cando comecei a editar
discos é cando empeza a miña traxectoria discográfica que é algo paralelo á miña musical. 
Se non fora por ese comezo no grupo Concorde Atenea, Emilio Rúa posiblemente nunca existiría ou, se o fixese, non sería como é hoxe en día. Se de algo estou orgulloso é de poder dicir que son o que son gracias ao meu mentor que non é outro que meu pai.


Pregunta.- Entón o que comeza no ano 2000 non é a túa carreira que, como dis, comezou cando tiñas tan só sete anos. Digamos que arranca unha etapa nova. Todo xurde cun festival den Verín...
Resposta.- Certamente foi así no ano 2000 que arranca Emilio Rúa. Viña de traballar en Mahón e foi gracias á miña irmá Lourdes a que fora batería do grupo quen viu o anuncio no periódico quen me animou a presentarme. Alí cantei algunhas cancións en castelán porque ata esa fecha compuña todo na miña segunda lengua. E gañei o certamen.
Pregunta.- E dalí xurdiu o primeiro disco que se chamou coma o autor: "Emilio Rúa".
Resposta.- O premio dese certame era grabar unha maqueta coa discográfica Pero no momento que lles presentei os temas xa feitos en galego porque así eu o decidín concluíron que aquelo tiña que ser un disco, non unha demo a editar.


Pregunta.- O primeiro, como dicimos foi "Emilio Rúa". Logo virían moitos máis nestes 20 anos completos de carreira. Tantos discos que perdemos a conta.....
Resposta.-Vamos camiño do disco nº 11 pero a miña mente xa está co 12,13 e 14.....
Pregunta.- A pandemia botou abaixo moitos eventos no 2020. ¿Cómo che afectou?
Resposta.- De pronto todo se parou. Varios concertos se viñeron abaixo, incluídos algúns que eran realmente emocionantes e grandes para mín. Ante a situación xeral de todos non me preocupou a miña actividade como tal cara o público xa co que afectou realmente foi ver o vulnerables que somos  e o que primeiramente importa nunha sociedade que é a sanidade e a cultura. Seguín creando e facendo colaboracións online. Ca ilusión de que ao día seguinte volve a saír a luz e que, dun xeito ou doutro,non hai nada que pare a creatividade.
Pregunta.- E agora ofreces este concerto online privado. ¿En qué se diferencia este concerto dos outros que fuches ofrecendo en anteriores confinamentos?
Resposta.- A diferencia é que son eu quen o organiza. Fago un concerto dende casa. Coidando a posta en escena e o son. Nada doutro mundo. Pero será a primeira vez que me vexan tal e como estou na miña casa cantando para min salvando que poderán verme en estado puro. Algo que nunca antes fixera.

       Pois agradecemos a Emilio Rúa a súa deferencia para respostar ás nosas preguntas i emplazámosvos a ese concerto online, Emilio nun formato inédito, para o que só tedes que picar no enlace e seguir as instruccións para facervos cunha entrada:







































2 comentarios:

BEGOÑA VÁZQUEZ GAGO.-

Begoña Vázquez Gago rexenta O Regueiro da Cova Hoxe na Urdiñeira temos a unha profesional da cociña con grande prestixio. Pero tamén a unha ...