17 abril 2021

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS RIÓS E MARCELÍN

 


Hoxe pasa pola Urdiñeira a Asociación de Veciños do Riós e Marcelín. Ademáis de Asociación de Veciños son Asociación Cultural. Dende a súa constitución mantéñense activ@s aínda que pola pandemia está todo parado. Falamos con Rosa Delgado que nos achega o día a día da Asociación.

 

Pregunta.-¿En qué ano se constituiu a asociación?  

Resposta.- En maio do 2011

 

Pregunta.- ¿Cómo xurdiu a idea de asociarse?

Resposta.- Como non había Asociacións de Veciños pensamos en unirnos para conseguir cousas que, doutro xeito son complicadas.

 

Pregunta.-¿Cantos soci@s sodes?

Resposta.- No 2019, o último ano que fixemos completo, tiñamos 80.

  

Pregunta.-¿Qué requisitos hai que cumplir para ser socio/a?

Resposta.- Ser veciño do Concello do Riós. Tamén hai que  pagar unha cota anual que temos actualmente en cinco euros.                    

Pregunta.- ¿Hai que estar empadroad@ para ser socio?

Resposta.- Normalmente toda a xente está empadroada aquí aínda que non é imprescindíbel.





 

Pregunta.-¿Cómo vos financiades ademáis das cotas?

Resposta.-Buscamos ingresos de xeitos diversos: vendemos lotería, facemos festas e recaudamos a través do bar… Nalgunha ocasión puntual confeccionamos prendas de punto que logo puxemos á venda na Festa da Castaña.

Subvencións fixas non temos pero si esporádicas da Xunta que nos deron para mobiliario e un ordenador por exemplo Tamén recibimos axudas da Deputación e do Concello.

  

Pregunta.- ¿Tedes un local?

Resposta.- Agora temos dous: o último foi doado pola nosa veciña María Asunción Nieves. Foi durante moitos anos “A cantina do Toñito”; Por mediación do Concello un Obradoiro fíxonos a restauración dunha parte e a outra para cando teñamos outra partida continuaremos.

 

Pregunta.-¿Cómo está o nivel de participación?

Resposta.- Hai que insistir un pouco pero logo a xente disfruta das actividades.

 

Pregunta.-¿Qué actividades levades a cabo?

Resposta.-Facemos excursións para as que @s soci@s temos un prezo reducido e os non socios teñen un prezo normal. Imos a sitios non demasiado lonxanos (Guimaraes, Puebla de Sanabria,Salamanca, León,Barcelos….) onde pasamos o día e coñecemos outras culturas. Un par de veces fomos a ver actuacións de Emilio Rúa.






Temos feito cursos de informática, de cociña; un ano  fixemos clases para aprender a facer postres de Nadal.



  Coa Coral Cantarela facemos un festival anual na igrexa onde recibimos a outras  corais e facemos unha  xuntanza na que intercambiamos coñecementos.  

                   

                      

Como somos Asociación Cultural temos 4 grupos musicais(Coral, Banda de Gaitas,Grupo Instrumental e Pandereteiras) onde asistimos a clases e ademáis facemos actuacións.      Temos, ademáis un aula de baile que, de momento, só é para aprendizaxe. Coa Coral facemos un festival anual na igrexa onde recibimos a outras corais e facemos unha xuntanza na que intercambiamos coñecementos. Tamén asistimos a onde nos invitan. Coa banda tamén facemos actuacións nas festas das aldeas do Concello. No nadal xuntamos todos os grupos e facemos un festival. Ese día actuamos para os vellos da Residencia; ese acto énchenos de satisfacción e a eles gústalles moitísimo.







Coa banda temos ido moitas veces fora, por exemplo Ribadavia, Melón, Manzaneda, Monterrei, Verín…



Tamén colaboramos co Concello no Entroido. Xa dende a recuperación do traxe e logo na celebración que, por certo, ten cada vez máis xente.







Pregunta.- ¿En qué consiste a celebración?

Resposta.- Facemos pola mañá desfile no Riós cos vellarróns e, xa pola tarde festa de baile con disfraces en Marcelín. No baile do ano pasado inauguramos a Casa do Pobo.

 

Pregunta.- Temos visto pasear o Vellarrón por distintos lugares fora do noso Concello.

Resposta.- Temos ido a mascaradas en Viana e Vilariño, a desfiles en Santiago, en Lalín…. Unha vez que se fixeron os traxes hai que ensinalos, non os imos deixar no armario.


 




Pregunta.- ¿Estaba un pouco esquecido o entroido do Riós?

Resposta.- Sí, estaba un pouco perdido. Colaboramos co Concello para recuperar a historia,

Tamén no obradoiro de confección.


 Cada un estaba financiado en parte polo Concello i e parte pola persoa á que se lle adxudicaba o traxe.





 

Pregunta.- ¿Quén financiou os traxes?

Resposta.- Cada un estaba financiado en parte polo Concello i e parte pola persoa á que se lle adxudicaba o traxe.


 



Pregunta. ¿Se alguén quere participar das vosas actividades cómo podería contactar?

Resposta.-  No teléfono 605584995




  Estamos desexando que pase todo para que o noso proxecto siga crecendo,sempre coa colaboración da veciñanza.

  

                            

Pregunta.- Haberá xente que estea pensando en constituirse en Asociación na súa aldea ou no seu barrio  ¿É complicado crear e manter activa unha asociación?

Resposta.- Non demasiado. Unha vez que reúnes a documentación precisa e contas coa xente que vai participar non é complicado salvo atopar o tempo para facelo.


Pregunta.- ¿Cómo vos afectou a pandemia?

Resposta.- Moito, principalmente por responsabilidade para evitar a transmisión. Ao non poder xuntarnos tivemos que parar todo. Estamos desexando que pase todo para que o noso proxecto siga crecendo, sempre coa colaboración da veciñanza.

 

 

 

Pois agradecemos a Rosa Delgado a súa amabilidade ao respostar ás nosas preguntas e formulamos o desexo de que os movementos asociativos da nosa zona se reforcen e sigan ofrecendo  o servizo tan preciso nos tempos que corren.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

BEGOÑA VÁZQUEZ GAGO.-

Begoña Vázquez Gago rexenta O Regueiro da Cova Hoxe na Urdiñeira temos a unha profesional da cociña con grande prestixio. Pero tamén a unha ...