Jordi Carrera Guirao cursou
estudos de Enxeñeiro Técnico Forestal na Universidade de
Valladolid. Especializouse en xestión medioambiental no sector forestal.Ademáis complementou a súa formación en distintos campos coma o administrativo e o docente.A súa experiencia laboral é ampla
en repoboación de montes, creación dun xardín botánico, conservación de
cultivares,formación para aplicadores/manipuladores de productos
fitosanitarios. Na actualidade é Director do "Obradoiro de Emprego Terras da Castaña III" participado polos concellos de Riós,A Gudiña e Vilariño de Conso. Por si esto fose pouco é apicultor.

Pregunta.- Supoño que a formación ten unha importancia básica para crear postos de traballo sostibles no medio rural. Nese obxectivo os Obradoiros poden ser esenciais. ¿Crees que cubren as necesidades ou debería complementarse con outro tipo de formación?
Dende logo son un bo comezo e poden servir de “trampolín” tanto para acceder ou volver ao mundo laboral como para seguirse formando. Tras os 9 meses de duración do obradoiro, a maioría dos alumnos acadan un certificado de profesionalidade, un certificado de prevención de riscos laborais, varios diplomas como o de Iniciación á Informática, Orientación Laboral, Sensibilización en igualdade de xénero e sensibilización medioambiental.Ao longo do obradoiro, ademáis , os alumnos que non teñen o graduado escolar ou o graduado en E.S.O., reciben clases de Educación Básica co obxeto de presentarse ás probas libres que se convocan dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para poder obtelo.
Unha
vez rematado o obradoiro, varios alumnos teñen a oportunidade de continuar
durante un mínimo de 3 meses nunha empresa privada coa que se ten un compromiso
previo.
Polo tanto,
unha ver acabado este período de formación teórico-practica, as persoas
participantes salen cun bo Curriculum Vitae
e a partir de aí, dependerá da vontade deles.
''O obradoiro é un bo comezo e pode servir coma trampolín,tanto para o mercado laboral coma para ampliar a formación''
Pregunta.-¿Qué ambitos de
formación trata o Obradoiro?(forestal,agrícola en xeral...)
No noso caso, os certificados de
profesionalidade que se impartiron estes últimos anos son os de: “Actividades
auxiliares en conservación e mellora de montes” e o de “Operacións auxiliares
de albanelaría de fábricas e cubertas”, sendo ambos de nivel 1.
''Tras os 9 meses de duración do obradoiro, a maioría dos alumnos acadan un certificado de profesionalidade, un certificado de prevención de riscos laborais, varios diplomas como o de Iniciación á Informática, Orientación Laboral, Sensibilización en igualdade de xénero e sensibilización medioambiental''
Pregunta.- ¿En qué
proporción están os contidos teóricos e os prácticos?
Aproximadamente
un 25% de contidos teóricos e o 75% restante, de contidos prácticos.
Os requisitos son 3: estar desempregado, ter máis de dezaoito anos
e estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de
Galicia.
''Implementamos todas as medidas anti-Covid 19 e tivemos a enorme fortuna de non ter ningún infectado''
Pois tivemos un parón de 3 meses e
19 días na primeira onda que coincidiu
co obradoiro anterior, e ampliouse a duración do contrato exactamente ese
tempo. Unha vez reincorporados, implementáronse todas as medidas de prevención
fronte a Covid19 e tivemos a enorme fortuna de non ter ningún infectado.
Si, a xente parece que volve ter
ilusión por poñer en valor os seus terreos e neste caso cun cultivo fortemente
vinculado coa nosa terra e a nosa cultura. Ao mesmo tempo, o prezo da castaña
tivo un aumento notable nos últimos anos e eso motivou aos veciños a centrarse
no cultivo do castiñeiro.
Pregunta.-¿Qué papel xoga
neste momento a agroecoloxía e cál debería xogar?
Pois a tendencia é a precisamente
non cumplir con ningún dos principios da agroecoloxía . Se nos paramos a
pensar, cada día dependemos máis de insumos externos, enfocamos a produción a
variedades de alto rendemento que fai 10 anos nin conociamos, cada vez sabemos
menos das plantas que nos rodean e o que nos din acerca do lugar no que
aparecen, tendemos ao monocultivo, maltratamos o chan con abonos químicos e
intentamos producir para un mercado no que non somos competitivos. Dende logo,
a lóxica di que ese non é o camiño.
Calquera que teña certo interés,
pode atopar unha amplia bibliografía ao respecto en internet e non tardará en
darse conta de que esta ciencia era a que se practicaba con absoluta normalidad nas nosas aldeas ata
fai ben pouco... Recomendo ler a Miguel Ángel Altieri.
''A agroecoloxía era practicada ata ben pouco con absoluta normalidade nas nosas aldeas''
Pregunta.- As plagas son un tema recurrente. Tí, pola doble vertente forestal e apícola sufres se cadra, doblemente tamén. ¿En qué situación estamos e qué expectativas hai de mellora?
No sector forestal, cada árbore e cada arbusto teñen as súas propias fitopatoloxías e poderíamos estar horas con elas. No caso do castiñeiro por exemplo, pode ser atacado por entorno a un centenar de pragas e enfermidades.
O que está clarísimo é que “a can fraco
todo son pulgas” sendo este dito extrapolable ás plantas. Temos que tratar de ir sempre á
raíz do problema, que pode ser dende un cultivo nun lugar incorrecto, forte
stress hídrico e nutricional, elevada acidez do chan, labores culturais inadecuadas
ou calquera outro factor que debilite as plantas e as faga máis vulnerables.
No caso da abellas, o principal inimigo é a varroa, un pequeno ácaro que se alimenta do tecido graxo das abellas tanto en estado larvario como en estado adulto e que ademáis é vector de transmisión doutras enfermidades. A mortandade de colmeas por un tratamento fronte a ésta ou ben incorrecto ou ben por ausencia deste, pode ser enorme. Tamén empezan a aparecer niños de Vespa velutina no Riós pero parece que a presenza do abábaro Vespa crabro (que tamén fai bastante daño a finais do verán) non é de todo agradable para as primeiras xa que compiten polo hábitat.
Pregunta.- É unha valoración moi habitual a de que o mel galego é de grande calidade¿qué a diferencia do resto dos territorios da península?
Pois debe ser das poucas cousas positivas que ten o abandono do rural... No momento que os predios agrícolas se deixaron de cultivar e o monte se deixou de rozar, comezou a evolución progresiva da vexetación que ata que alcanza o estado de bosque maduro pasa por moitas fases. Nesas fases topámonos cunha flora dun enorme interese apícola como son as uces, xestas, carqueixas, queirugas, toxos, sangubiños, érbedos, silvas, etc. Tamén nos bosques maduros, tanto de orixe antrópico como natural, as árbores como os castiñeiros, carballos, afreixos, salgueiros...producen unhas flores moi apreciadas polas abellas. O mel galego, exceptuando nas zona cunha forte presenza de eucalipto, é un mel oscuro e con alta conductividade por mor do alto contido en sales minerais. É moi apreciado no norte de Europa e emprégase moito para mesturar con meles de menor calidade.
'' aínda quedan veciños maiores cun enorme coñecemento en plantas, construcción tradicional....''
Pregunta.-Supoñemos que neste momento hai moita xente pensando en retornar a un rural onde ten as súas raíces. ¿Qué posibilidades reais de emprender no rural hai neste momento?¿Qué lle dirías á xente nova que pode estar barallando esta posibilidade?
Existen incontables proxectos posibles no rural, de feito está prácticamente todo por explotar... E con explotar non me refiro a saquear, falo de explotacións sostibles respetuosas co medio ambiente e sempre coa vantaxe de que na maioría das aldeas xa se conta coas novas tecnoloxías. Ademáis, este sería o momento ideal, xa que aínda quedan veciños maiores cun enorme coñecemento das plantas e dos seus usos, de construción tradicional, de cultivos, de artesanía, de nomenclatura botánica, de variedades e un longo etc. Cando eles desaparezcan, toda esa sabiduría e patrimonio inmaterial vai marchar e non vai haber volta atrás.
Os meus Parabens por esta venta o mundo e a nosa xente. E un orgullo ser de esta terra e saber o infinito capital e riqueza que temos. Na niña modesta opinión, e hora de xuntar o saber e a forza pa por en valor tanto tesouro que temos! Ánimo, si que se pode, e temos que ir a por todas!
ResponderEliminarGrazas polo teu comentario A Nosa Terra. Certamente para nós tamén é un orgullo coñecer os talentos que nos rodean. Confiamos en que esta mensaxe chegue a tod@s @s que estean barallando fixar a súa residencia na nosa zona. Pola nosa parte non imos aforrar esforzos en apoiar a calquera iniciativa destinada a fixar poboación de xeito sostible. E grazas de novo polo voso apoio, os que nos ledes e compartides e vos suscribides ao blog facedes moito para difundir esta mensaxe. Saúdos
Eliminar